Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de octubre de 2019

O edil de Cultura presentou unha nova tempada de Coruña Dixital que consolida o seu labor de promoción da cultura tecnolóxica da cidade

A Concellería de Cultura activa a cuarta edición de Coruña Dixital, que este ano aposta polo reforzo na iniciación e uso seguro da tecnoloxía dos colectivos de maiores, familias e mocidade

O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, presentou esta mañá a nova programación de Coruña Dixital, unha iniciativa municipal que ten como finalidade visibilizar e dinamizar as comunidades dixitais que existen na Coruña e facilitar a participación activa da veciñanza nas novas prácticas culturais e creativas. O responsable municipal destacou a intención do concello "de contribuír a dar resposta ás novas demandas culturais dunha parte da cidadanía".

O programa Coruña Dixital consolida o seu labor de divulgación e promoción da cultura tecnolóxica da cidade nunha nova tempada que vén marcada pola vontade de lle aproximar dun xeito máis profundo a cultura dixital á cidadanía. Tal e como indicou o edil de Cultura, que compareceu acompañado do coordinador da iniciativa, Sergio Lago, "é unha proposta renovada centrada na educación dixital para a xente que se está iniciando nas novas tecnoloxías". A vía fundamental para isto seguen a ser as súas redes sociais e a súa web (corunadixital.gal), que facilitarán o acceso á información actualizada sobre a crecente actividade dixital da cidade. Como novidade, acaban de incorporarse a ela todos os recursos locais dispoñibles para a "iniciación e o uso seguro da tecnoloxía", especialmente dirixidos aos colectivos de maiores, familias e mocidade.

Coruña Dixital tamén avanza na colaboración co tecido innovador da cidade. Neste sentido, este outono apoia varios encontros de divulgación tecnolóxica e de cultura dixital. Todos eles teñen en común que están impulsados por colectivos e entidades que, baixo unha filosofía colaborativa e aberta, traballan durante todo o ano na divulgación do coñecemento TIC:

●  AtlánticaConf, un novo congreso de divulgación tecnolóxica impulsado polo amplo tecido de comunidades de profesionais TIC da cidade, co apoio de empresas innovadoras e da Universidade da Coruña.

●  A 8.ª edición da Feira de Tecnoloxías Libres OSHWDem que, organizado polo colectivo Bricolabs, a Domus acollerá o vindeiro 9 de novembro. Trátase do evento de referencia para o mundo argalleiro ( maker ) da cidade e pioneiro en Galicia.

●  O 6.º congreso TADEGa, no que a cidade acollerá o 22 e 23 de novembro un foro de referencia de profesionais da educación, co foco na tecnoloxía e a atención á diversidade.

Nova edición do #LAIC

Xa en decembro, será a quenda da innovación audiovisual coa reactivación do #LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación: un ciclo de encontros formativos para persoas interesadas na cultura audiovisual contemporánea, os novos medios e a transformación dixital.

Este nova edición xirará arredor da creación dixital transmedia; é dicir, historias que se expanden en múltiples dispositivos e formatos, cunha participación activa dos públicos. Trátase dunha área que está a vivir un momento de crecemento e chegada ao gran público a través das grandes series de plataformas dixitais, pero da que tamén coñeceremos a súa aplicación en proxectos culturais, educativos e sociais.

O comisario do programa, o xestor cultural Sergio Lago, explicou que o #LAIC deste ano "estará moito máis vinculado á creación dixital transmedia e traballará coa comunidade técnica da cidade adicada á creación audiovisual, á programación informática e aos novos escenarios de realidade virtual, xa que temos grandes referencias na cidade neste ámbito."

A mediados de decembro o #LAIC desenvolverá unha primeira sesión panorámica sobre esta temática, para retomar, dende a volta do Nadal e ata finais de marzo, a súa actividade con sesións semanais no Centro Ágora. Desde as redes de Coruña Dixital anunciaranse de maneira gradual cada unha das citas e abrirase a inscrición nas charlas e talleres do #LAIC que, como todas as actividades do programa, serán de balde.

Pensamento e educación no ámbito dixital

Se ben o #LAIC é o referente da programación de Coruña Dixital, a reflexión crítica sobre o impacto da tecnoloxía na sociedade tamén terá cabida nas actividades previstas para 2020, especialmente en colaboración con outras áreas como as Bibliotecas Municipais.

Ademais, o programa achegarase nesta tempada ás posibilidades da creación e as narrativas dixitais para traballar no sector educativo e sociocultural, cun encontro galego de iniciativas neste ámbito que se celebrará no mes de abril no centro Ágora.

Neste sentido, desde Coruña Dixital ofrécese un "Kit de Activación Dixital" (kit.corunadixital.gal) para que profesionais da docencia, a cultura e o activismo social poidan desenvolver paso a paso proxectos neste eido. Tamén se recollen na mesma web entrevistas e preto de 50 experiencias inspiradoras, que se ampliarán a través dunha convocatoria aberta ao longo do actual curso.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?