Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de octubre de 2019

O Goberno local acorda cos sindicatos a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo

Lage Tuñas comprometeuse a poñer en marcha o proceso dunha nova RPT, cunha nova valoración de postos de traballo, e a fortalecer os servizos públicos que presta o Concello. O concelleiro de Facenda e Réxime Interior anunciou tamén a elaboración dun novo Plan de Formación e comprometeuse cos sindicatos a ter “un diálogo permanente, no acordo ou na discrepancia”.

O voceiro do Goberno local e concelleiro de Facenda, José Manuel Lage Tuñas, acordou cos sindicatos a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo RPT. Os sindicatos e o goberno local chegaron a un acordo que foi aprobado por unanimidade durante a Mesa Xeral de Negociación celebrada hoxe en María Pita. "Abrimos unha nova etapa. Temos total confianza nos traballadores municipais, que son básicos para que os servizos públicos funcionen", sinalou o voceiro do Goberno local.

Lage informou durante o encontro que no mes de novembro daranse os primeiros pasos para a elaboración dunha nova RPT, que contará cunha asistencia técnica para a súa elaboración, unha valoración dos postos de traballo e tamén a redacción do manual de funcións e normas de xestión. A fecha límite para a súa aprobación fixouse no mes de xuño de 2022.

O concelleiro comprometeuse a manter "un diálogo permanente, no acordo ou na discrepancia" e constatou unha inmellorable disposición por parte dos sindicatos para a dignificación dos servizos públicos.

O goberno tamén anunciou que ten previsto continuar coa segunda fase do concurso de trasladaos de maneira inmediata. Canto aos concursos específicos para a cobertura das Xefaturas de Servizo, Lage explicoulles que o concurso está xudicializado e por tanto optarase por aplicar o principio de prudencia para abordar este asunto.

Doutra banda, o Goberno local ten previsto elaborar un novo Plan de Formación. Os sindicatos presentarán a súas propostas ao Goberno local próximamente. Asemade o executivo enviará ás traballadoras e aos traballadores un cuestionario para que acheguen as súas suxerencias. "Melloraremos a formación dos traballadores municipais cunha reforma a fondo da política de formación de recursos humanos que dará pé a un novo plan", indicou.

Outro dos acordos aos que se chegou na Mesa Xeral de Negociación foi a constitución do Comité de Saúde Laboral e o compromiso por parte do goberno municipal de celebrar con moita brevidade a Mesa Técnica de Policía Local.

Ademáis, o servizo de persoal enviará unha instrución sobre a forma en que se poderá compensar o día 12 de outubro. Os traballadores terán ata o 31 de marzo de 2020 para gozar dese día.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?