Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de noviembre de 2019

O Goberno local dá luz verde á construción dun edificio de vivendas que completa a urbanización da praza da Fábrica de Tabacos

O Concello reestrutura os servizos municipais e as escolas infantís pasarán a depender da Concellería de Educación e Cultura

A Xunta de Goberno Local concederá mañá dúas licenzas urbanísticas para dous edificios de vivendas cuxo orzamento supera o millón de euros. Unha licenza outorgaráselle á empresa Udralar SL para construír un edificio de 68 vivendas no único soar que queda baleiro no ámbito da praza da Fábrica de Tabacos.que permitirá completar a urbanización nesta zona. A outra licenza é para un modificativo no proxecto de construción doutro inmoble con fachadas ás rúas de Santa Lucía e Fernández Latorre. O permiso inclúe as obras de reestruturación e ampliación do edificio do número 9, que xa dispón do informe perceptivo de Patrimonio Cultural da Xunta.

No ámbito urbanístico, a Xunta tamén concederá a aprobación inicial do estudo de detalle na estrada Baños de Arteixo promovido por Showa Denko Carbom Spain SA para ampliar a fábrica e daralle luz verde a outro estudo que permitirá completar as rasantes na avenida de Lamadosa, na esquina coa rúa Jerónimo Vázquez Franco.

Por outra banda, logo de reestruturar servizos municipais levados a cabo polo Goberno local para redistribuír competencias entre dúas concellerías, as escolas infantís municipais, que dependían ata o de agora da Concellería de Benestar Social, pasarán á Concellería de Educación e Cultura.

Outro dos asuntos do día será a sinatura dun convenio de colaboración coa entidade de RRI de Artesanos e a autorización dunha subvención de 91.000 euros para contribuír á viabilidade do centro e á posta en marcha de distintas actividades.

Ademais, tamén se aprobará a solicitude realizada pola Fundación Mujeres para utilizar a sala de formación do Centro de Empresas Accede Papagaio co fin de desenvolver unha xornada formativa dirixida a mulleres emprendedoras.

Na sesión de mañá, o edil de Economía e Facenda, José Manuel Lage, será designado como representante municipal no consello do Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Sur e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, será nomeada suplente.

A sinatura dun convenio de colaboración con Amigos da Ópera e a aprobación dunha subvención por importe de 80.000 euros á entidade para contribuír ao financiamento da súa Tempada Lírica é outro dos asuntos da orde do día.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?