Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de septiembre de 2019

O Goberno local dá luz verde á primeira modificación do PXOM para garantir os accesos á Intermodal

A Xunta aproba mañá a nova comisión asesora do PEPRI, e fixa o 7 de outubro e 25 de febreiro como festivos locais para 2020

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá unha modificación puntual do Plan Xeral no polígono 029 A Sardiñeira, que abarca a zona situada entre a avenida da Sardiñeira e a de Arteixo. Trátase do primeiro dos dous cambios urbanísticos necesarios para garantir os accesos de autobuses á Intermodal cun vial que comunicará ambas as avenidas.

A nova vía, pola que poderán circular coches e autobuses, servirá para reforzar os accesos ao tempo que favorecerá o tránsito de peóns e bicicletas nun carril exclusivo. Ademais, a actuación, que ordenará a edificabilidade en tres bloques de vivendas con distintas alturas, recolle a construción dunha gran praza con espazos verdes. Deste xeito, o Concello afronta a súa parte no proxecto de construción da Intermodal: adaptar a normativa urbanística ao proxecto para garantir os accesos e realizar obras de urbanización da contorna que melloren a zona.   

Outras modificacións do Plan Xeral

Canto ás modificacións do Plan Xeral no polígono de Vío e no ámbito do Paseo Marítimo na antiga cetaria Otamar, ambas as dúas están motivadas por recursos xudiciais presentados contra a aprobación definitiva do documento. No caso de Vío, a sentenza do TSXG obriga ao Concello a recoller a ordenación do plan parcial do polígono de Vío xa executado (o Plan Xeral de 2013 alterábaa). Concretamente afecta ao vial 5 do plan parcial e á edificabilidade de 5 mazás.  

No caso da cetaria Otamar, o Concello ten que modificar a servidume de costas proposta polo Plan Xeral para reducila ao mínimo obrigado que son 20 metros. Mantense aínda así o uso como espazo libre da parcela da cetaria, e incorpórase ao Plan Xeral unha acción para poder expropiala e executar a zona verde nese tramo.   

Comisión PEPRI

Por outra banda, a Xunta local dará luz verde á renovación da composición da comisión asesora do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescaría PEPRI. É un asunto de trámite xa que é necesario momear novos cargos cando cambia o executivo local. O Goberno informa de que continuarán na comisión os tres expertos designados polo Concello; o arquitecto Alfonso Díaz Sevilla, o arqueólogo Felipe Arias Vilas e o historiador Alfredo Vigo Trasancos. Ademais, está previsto que a directora da área de Urbanismo, María Hernández, substitúe na presidencia da comisión ó concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, mentras que como vogais municipais son designados os encargados e responsables da tramitación de solicitudes. En canto os técnicos da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, son elixidos polo seu órgano competente e o Goberno xa solicitou o seu nomeamento.  

Licenzas urbanísticas

A Xunta de Goberno Local tomará coñecemento das 33 licenzas urbanísticas concedidas entre o 5 e 18 de setembro de 2019. Ademais resolvéronse 101 expedientes de obras en réxime de comunicado e 44 en réxime de comunicación previa. Entre outros asuntos, destacan dúas autorizacións de proxecto básico e de execución, unha prórroga de permisos urbanísticos, unha de primeira ocupación, e dúas de desistimento. 

Recursos

O Concello leva a Xunta de Goberno Local varios recursos xudiciais entre os que destacan o interposto pola compañía Enersol Eólicas, S.L contra a taxa de recollida e tratamento do lixo do ano 2018, tres da Compañía de Tranvías; dous polo pago do mantemento e conservación das instalacións do tranvía no marco do contrato para a prestación do servizo de transporte público mediante tranvías no período 2011-2017, e outro polo pago de facturas ordinarias que consideran que o Concello debe aboar para asumir a parte do financiamento da tarxeta Millennium e bonos sociais que lle corresponde no periodo de outubro de 2017 a decembro de 2018. 

E tamén a Xunta de Goberno Local abordará o recurso presentado por Autos Cal Pita, SA contra o convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e os Concellos de A Coruña e Oleiros para a coordinación dos servizos de transporte público das súas respectivas competencias con orixe ou destino na zona de Santa Cristina. Un acordo que permite a entrada no municipio de Oleiros da liña 1A do bus urbano.  

Festivos

A aprobación das festividades locais é outro dos asuntos que tratarán os concelleiros. O Goberno anuncia que o próximo ano serán festivos na cidade o día 25 de febreiro (martes de Entroido) e o 7 de outubro (Festividade da Virxe do Rosario). A decisión de recuperar a festividade da Patrona para este ano é debido a que a Xunta elixiu como festivo San Xoan para toda Galicia. 

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?