Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de diciembre de 2019

O Goberno local expropiará dúas construcións en Elviña para a mellora do proxecto de reurbanización no entorno do lavadoiro e a fonte

O Executivo municipal levará á próxima Xunta de Goberno Local a aprobación inicial destas intervencións por petición da veciñanza do núcleo. O proxecto de reurbanización do espazo supón unha mellora ambiental na controna, a recuperación da antiga fonte de San Vicente de Elviña e a eliminación e elementos desconformes do lavadoiro,

A Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade levará á próxima Xunta de Goberno Local a aprobación inicial do proxecto de expropiación de dúas construcións localizadas en Antonio Insua Rivas nº 38 redactado polas arquitectas Cristina Ouzande e Cristina Ezcurra co obxectivo de mellorar substancialmente o espazo público do núcleo tradicional e para unha mellor conexión tanto visual como de mobilidade entre o local social e o entorno do lavadoiro e a fonte de San Vicente de Elviña.

O proxecto de expropiación conta con 24,29 metros cadrados correspondentes a dúas construcións en planta baixa cun investimento próximo aos 11.000 euros.

Canto ao proxecto de reurbanización, supón unha mellora ambiental da contorna, a recuperación da antiga fonte de San Vicente de Elviña e a eliminación de elementos desconformes do lavadoiro. Tamén mellorará a mobilidade peonil e  estancial en todo o espazo público ao unificar a contorna do lavadoiro ao carón da estrada provincial coa contorna do local social situado alén, e unha mellora notable tanto na calidade do mobiliario urbano e os pavimentos como nas infraestruturas.

Esta decisión da Concellería responde a unha petición da veciñanza, concretamente da Asociación de Veciños dos Rexumeiros, despois de reunirse o concelleiro e o seu equipo con esta entidade e presentarlle o proxecto. Neste encontro, o pasado mes de outubro, a asociación propuxo unha serie de cambios que foron acollidos pola Concellería no proxecto. Posteriormente, presentouse o proxecto ao servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e tomouse a decisión de que neste punto reubicarase o cruceiro que actualmente está situado nun ámbito secundario e con moi pouca presenza.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?