Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de octubre de 2019

O Goberno local leva ao Pleno a creación da área metropolitana e a aprobación da ordenanza de Igualdade

A Corporación dará luz verde ao convenio que permite a posta en marcha do plan “Conecta Coruna”

O Goberno local leva mañá ao Pleno como asuntos prioritarios a posta en marcha da área metropolitana e a aprobación da Ordenanza deigualdade na diversidade, así como a aprobación do convenio asinado entre a entidade pública RED.ES e o concello para o desenvolvemento do plan piloto "Conecta Coruña" do Plan nacional de edificios intelixentes.

No asunto da área metropolitana, a Corporación deberá ratificar a "Declaración de María Pita", asinada en outubro de 2016, e encargaráselle á comisión especial da área metropolitana a elaboración dunha proposta de anteproxecto de lei para lle enviar á Xunta e ao Parlamento Galego, que son os últimos responsables de dar luz verde ao proxecto.

A intención do Goberno local é a de estudar medidas concretas para consorciar servizos como o abastecemento de auga, o tratamento de lixo e o transporte público que sirvan para"mellorar a calidade de vida da cidadanía". Trátase de facer comunidade para garantir os servizos públicos "deixando de lado cuestións partidistas que nos impiden avanzar".

O Goberno local tamén lles presentará aos grupos da Corporación para o seu visto e prace definitivo a Ordenanza de igualdade na diversidade, despois de ser rexeitada a alegación presentada pola sección sindical da CIG.

A ordenanza, promovida polo anterior executivo, establece o réxime xurídico da igualdade entre todas as persoas no ámbito do Concello da Coruña, atendendo á normativa existente nesta materia. Recolle, ademais, os principios en materia de igualdade de xénero que deben rexer nos órganos de goberno e na xestión municipal.

Canto ao Plan "Conecta Coruña", a Corporación daralle luz verde ao convenio asinado polo concello e a entidade pública RED.ES para a súa posta en marcha. O plan foi seleccionado na convocatoria do Plan nacional de edificios intelixentes e enmárcase no proxecto do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020."Conecta Coruña" contará cun orzamento de 4.998.836,02 euros. A entidade RED.ES asume o 80% proveniente do fondo FEDER, mentres que o outro 20% é asumido polo concello. En total serán 999.767,20 euros, unha cantidade que se reflectirá en dúas partidas nos orzamentos do ano 2020 (500.000 euros) e 2021 (500.000 euros). Este plan permitiralle ao concello conectar 213 edificios públicos mediante a súa conexión á plataforma SmartCity. A actuación, que inclúe edificios municipais, da Xunta, da Universidade e do Estado, entre outros, permitirá que as tecnoloxías informen sobre a xestión, eficiencia enerxética,seguridade, coordinación de tráficos, mobilidade... dos edificios en rede.

A adhesión do concello á declaración do XII Pleno da Federación Española de Municipios e Provincias FEMP a favor da Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e a toma de coñecemento por parte dos concelleiros das resolucións da Xunta de Goberno Local e decretos de alcaldía serán outros dos asuntos que aborde mañá o Pleno.

MOCIÓNS

En canto ao apartado das mocións, o grupo municipal de Marea Atlántica leva á sesión unha moción para instar o Concello a recorrer contra o veredicto do Parrote que o obriga a pagar o sobrecusto das obras.

Pola súa banda, a portavoz de Cidadáns presentará unha moción para liquidar a falta de pago á Orquestra Sinfónica de Galicia, e pedirá que se adopten medidas que melloren a calidade de vida das persoas maiores e tamén de seguridade fronte á ocupación ilegal.

As infraestruturas ferroviarias, o mantemento do cárcere e a loita contra as adicións centran as mocións presentadas polo Bloque Nacionalista Galego, mentres que o Partido Popular expoñerá para o seu debate tres mocións; unha sobre o centro de saúde de Santa Lucía, outra para elaborar un plan de choque que permita recuperar espazos públicos e, a terceira, para solicitar que se lle reclame ao Goberno a transferencia ás entidades locais dos recursos derivados da participación nos ingresos do Estado.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?