Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de septiembre de 2019

O Pazo de María Pita acolle desde hoxe a exposición “Pola liberdade!”, de Enrique Tenreiro

O concelleiro Jesús Celemín participará esta tarde no acto inaugural da mostra, que terá lugar ás 19.30 horas

A sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá desde hoxe e até o 3 de novembro a mostra "Pola liberdade!",  de Enrique Tenreiro, unha escolma da obra escultórica do autor, sobre todo das pezas de maior tamaño.

Aínda que Enrique Tenreiro é máis coñecido polas súas performances e intervencións que pola súa obra de taller, o artista coruñés leva moitos anos de traballo, especialmente no traballo coa madeira, cunha seriedade e un rigor que o fan merecedor de presentar a súa obra na sala de exposicións do concello.

O traballo de Tenreiro é escultura. Traballa nas tres dimensións, xera volume, espazo e emprega a pintura para lle dar forza, para potenciar o sentimento. Mais tamén ten moito de apropiacionismo, de "ecoarte": é un escultor das árbores. Traballa directamente sobre os troncos, as raíces, as grandes pólas que atopa, que lle dan ou que merca, para as intervir, sempre desde o respecto polo madeiro orixinal, partindo do seu estudo, tentando extraer delas a súa máxima potencialidade.

A mostra céntrase nesas pezas. Son dez anos de traballo. Pero tamén expón unha obra sobre pedra e outras pezas en que traballa con látex (e, por suposto, con cor). Pode que nos estea presentando a súa nova liña de traballo.

A exposición "Pola liberdade!" poderá visitarse en María Pita até o 3 de novembro, de luns a domingo, das 12.00 ás 14.00 horas e das 18.00 ás 21.00 horas.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?