Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de febrero de 2019

O Pleno dá luz verde ás moción do grupo de goberno polas que a Corporación municipal apoiará a folga feminista do 8M e solicitará a Xunta e Estado o apoio explícito ao proxecto da Cidade das TIC

Ambas iniciativas foron aprobadas por unanimidade de todos os grupos presentes na Cámara municipal

O Pleno do Concello da Coruña aprobou esta tarde unha moción presentada polo grupo de goberno que insta á Corporación a apoiar activamente a folga feminista que terá lugar o vindeiro 8 de Marzo "e que tomará as rúas con amplas accións de reivindicación, amosando que se as mulleres paran, para o mundo". O texto lembra que a convocatoria, de carácter internacional e impulsada polo movemento feminista co apoio de colectivos políticos, sociais e sindicais, "parte da denuncia fronte ás desigualdades, ás discriminacións e ás violencias estruturais que sofren as mulleres, aínda que  tamén reivindica un novo modelo social, xusto, democrático e igualitario".

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, salientou na súa intervención que a folga deste ano pretende visibilizar e cuestionar o papel tradicional da muller "en catro eixes centrais da organización social, como son o traballo reprodutivo e de coidados, o ámbito laboral, o estudantil e o consumo, aínda que hai moitas máis liñas de traballo abertas". Ademais do apoio explícito da Corporación, a moción tamén propón na súa parte propositiva pendurar unha faixa da fachada do Pazo de María Pita como acto simbólico de apoio á folga e de recoñecemento das reivindicacións, ademais de facilitar os medios dos que dispoña o Concello para a difusión de eventos, manifestacións e actos convocados polas asociacións e colectivos de mulleres que compartan o obxectivo da folga. A iniciativa aprobada tamén insta ao Pleno a adoptar as medidas necesarias para garantir o exercicio do dereito de folga por parte de todas as traballadoras municipais que desexen participar da reivindicación.

Por outro lado, o Pleno tamén aprobou, por unanimidade, unha segunda moción do grupo de goberno, que transaccionou unha emenda parcial do PP, que insta á Xunta de Galicia a prestar "a máxima colaboración, apoio e participación" no deseño, planificación, tramitación e posta en marcha da Cidade das TIC nos terreos da antiga Fábrica de Armas da Coruña. Tal e como recordou o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, a iniciativa, liderada pola Universidade e que conta desde o primeiro momento co apoio do Concello, procura crear un ecosistema económico e académico que facilite a transferencia de coñecemento, a captación e retención de talento e a atracción e desenvolvemento dun tecido industrial altamente competitivo. Segundo salienta o executivo municipal, o proxecto "supón unha grande oportunidade para, por unha parte, recuperar a actividade industrial da antiga fábrica e, pola outra, situar á cidade como referente do noroeste peninsular nas economías baseadas no coñecemento, a innovación e as tecnoloxías da información e a comunicación". A moción lembra que a Cidade das TIC xa conta co visto e prace do Ministerio de Defensa e solicita "o máximo apoio institucional e económico" ao proxecto por parte Consellería de Economía, Emprego e Industria, IGAPE, goberno do Estado e demais entes públicos, "en colaboración, coordinación e cooperación coas entidades promotoras e implicadas, particularmente coa Universidade e o Concello".

Lema destacou, tal e como reza a iniciativa, que "a ameaza de peche de factorías como Alcoa e Isowat poñen de manifesto a necesidade de levar a cabo, desde o ámbito público, políticas encamiñadas a enfrontar os retos do actual contexto económico". "As administracións públicas non podemos ficar pasivas ou indiferentes ante o cambio de paradigma que ameaza con deixar fóra do novo e precarizado mercado laboral moitas familias da nosa cidade. É a nosa obriga participar na vida económica das nosas cidades e as súas áreas metropolitanas para, desde a perspectiva da inclusión e a sustentabilidade, garantir o seu futuro e benestar social. Neste tema é necesario ter altura de miras e non entrar dentro do debate partidista", apuntou o concelleiro.

Por outro lado, tamén saíu adiante nesta sesión plenaria unha moción do BNG que solicita unha auditoría da situación da maquinaria do servizo de recollida de lixo. A este respecto, a concelleira de Medio Ambiente, María García, recordou que é "responsabilidade da concesionaria o mantemento da maquinaria en boas condicións aptas para o servizo e para o seu uso por parte do cadro de persoal". Aínda así, e á marxe, o Concello está a realizar nestes momentos unha auditoría externa sobre as mesmas.

No que atinxe ás mocións do PSOE, a maioría do Pleno aprobou unha moción que solicita ao goberno local "que impulse o contrato de limpeza de xeito inmediato". Tamén saíu adiante unha iniciativa socialista que solicitaba instar ao Parlamento de Galicia a suprimir o articulado da Lei de Rehabilitación de Galicia no que respecta ás intervencións nos cascos históricos e edificios catalogados, recollidos no capítulo V, "por consideralo un ataque á autonomía municipal e ao patrimonio da cidade e por poñer en risco a riqueza arquitectónica e cultural da Coruña". O texto foi validado cos votos do grupo socialista, BNG e concelleiros e concelleiras do goberno local.

Por outra banda, o Pleno aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo municipal do PP que solicita ao Ministerio de Interior un aumento dos efectivos da Policía Nacional "para atender as graves carencias de persoal que sofre a Comunidade Autónoma", así como unha segunda iniciativa que manifesta o rexeitamento do Pleno ao proxecto de orzamentos municipais do Estado para 2019, "por ser discriminatorios con Galicia en xeral e con A Coruña en particular". Esta última foi aprobada por todas formacións da Corporación agás o PSOE.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?