Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de septiembre de 2019

O Teatro Colón mantén os seus eixes temáticos e faille unha chiscadela á ópera na programación para o último trimestre

A directora do Teatro, Bettina Kohlas, anunciou que durante os últimos 18 meses o teatro acolleu 217 títulos e 66.293 persoas espectadoras

 O Concello presentou esta mañá no Teatro Colón a súa programación para os meses de outubro, novembro e decembro, que comezará o próximo día 2 co concerto do músico John Mayall, mestre do blues e figura clave na música contemporánea, e pecharase o 27 de decembro coa actuación da Coral Polifónica El Eco. O acto contou coa presenza do concelleiro de Cultura, Jesús Celemín , o deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, Xosé Xurxo Couto Rodríguez, e a directora do Teatro Colón, Bettina Kohlass.

Tanto o responsable municipal como o do Goberno provincial encomiaron o clima de diálogo e colaboración entre ambas as institucións, que permite ofrecerlle á cidadanía unha programación variada. O responsable da Deputación, organismo titular del edificio, mostrou a súa "satisfacción polo labor realizado no ano e medio que leva o concello xestionando o teatro". Neste sentido, ambos os responsables coincidiron en afirmaren que "ata decembro non toca falar de convenios".  

Como lembrou Bettina Kohlass, o novo Teatro Colón nace do encontro de dúas administracións públicas e "iso define significativamente esta nova etapa", xa que o teatro, dixo, enmárcase na rede de infraestruturas culturais do IMCE, e iso implica un posicionamento dentro da oferta cultural existente para poder organizar unha programación variada e recoñecible por espazos.  A directora tamén sinalou a colaboración entre as dúas administracións como "un exemplo para seguir, unha colaboración de primeiro nivel totalmente enriquecedora para todas e todos". 

Durante a presentación da nova programación, Bettina Kohlass sinalou que "esta nova tempada que empeza en outubro vén "marcada polas liñas desenvoltas desde o ano pasado que pasan por apostas estratéxicas de programación moi definidas en eixes temáticos".  

 A nosa intención, remarcou a directora, é chegarmos a un público moi variado intentando fidelizar o xa existente e captar novos públicos con propostas vangardistas en que estea moi presente a cultura galega.  

Seguindo os eixes temáticos xa establecidos e mantendo a filosofía do Festival Noroeste, o ciclo Noroeste ofrecerá concertos vinculados co festival. Neste último trimestre, o Teatro Colón acollerá os concertos de John Mayall o 2 de outubro, o de Coque Malla presentando o seu novo disco "Revolución" o próximo 22 de novembro, e o recital de León Benavente o 19 de decembro.

O Teatro, sinalou a responsable de programación, quere ser referente de estreas e de apostas de vangarda.  O Colón seguirá apostando polos monólogos e o Encontro Mundial do Humor, con "Noites de Retranca" o 5 de outubro, un trío que se reúne por primeira vez nos escenarios coruñeses; Goyo Jiménez, o 8 e 9 de novembro, e o humor irreverente de Miguel Lago que pisará o escenario o 10 de outubro. 

Canto a ciclos musicais concretos, este trimestre a programación faralle unha chiscadela á ópera. Tras o éxito da estrea de Don Giovanni baixo a dirección do cineasta Carlos Saura, o Teatro acollerá dúas producións galegas que a directora cualificou de "dous bombazos". Trátase da ópera para todos os públicos "O papagaio de Carlos V", con música de Nani García e escenografía e vestiario de Miguelanxo Prado, que se poderá gozar os días 5 e 6 de decembro, e "Amnesia de Clio", unha ópera de Voadora, primeira función galega de gran formato coa Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Terra Nosa.   

Co obxectivo de impulsar a creación artística no seu conxunto e, de xeito especial, a creación galega, a programación, sinalou Bettina Kohlass, inclúe tamén a estrea de discos, obras de teatro e producións artísticas variadas. "Presentaremos o novo disco de César de Centi, que celebra a súa maioría de idade sobre os escenarios", apuntou.   

Nelson Quintero actuará o 8 de decembro, e o día 13 de decembro o público coruñés terá a oportunidade de escoitar o novo disco de Guadi Galego, "Inmersión", no que reflexiona sobre o seu traballo.  

Canto ao ciclo de Cinema Experience, a responsable do Teatro Colón adiantou que a súa intención é seguir albergando propostas experimentais no campo do audiovisual con estreas, ciclos temáticos ou clásicos. É o caso da celebración da Semana das Músicas no Audiovisual, SEMUA, que seguirá nos próximos meses coas iniciativas da OSG e a Banda Municipal.   

No ámbito do teatro comercial, as propostas, dixo, buscan complementar a programación do Teatro Rosalía. Así terá lugar a estrea o próximo día 25 de outubro da adaptación da obra "Fariña", e a representación de "Perfectos descoñecidos" de Daniel Guzmán o 16 de novembro, mentres que o Bruxo visitará a cidade o próximo 4 de outubro.  

O ciclo Espazo da Biodiversidade incorpora distintos concertos e o apartado de Especiais e Aniversarios recolle o tradicional concerto de Nadal da orquestra Gaos e o concerto de Reis coa canteira da OSG, "o que representa un xesto ao futuro da música clásica na cidade", indicou a directora.  

Bettina Kohlaas sinalou que En familia é un apartado que acadou un grande éxito con espectáculos de maxia e circo e que agora se apostará polo rock para achegar artistas míticos a toda a familia. Comezará o ciclo con Bon Jovi e Metallica. Trátase, explicou, de tributos a distintos cantantes. Un formato de carácter didáctico que lles permite interactuar ás nenas e aos nenos mentres observan diapositivas e un narrador lles descobre a vida e obra dos artistas.  

A responsable tamén fixo fincapé na programación que presenta a Deputación, titular do edificio, na súa aposta pola cultura galega e a innovación con proxectos singulares como a "Cantata" e a ópera "Amnesia de Clio", en que colaboran de maneira conxunta.  

Para máis información sobre a nova programación pode visitarse a web www.teatrocolon.es 

Documentos:

PROGRAMA 3.º TRIMESTRE DO TEATRO COLÓN (1 MB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?