Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de noviembre de 2019

Persoas con discapacidade representarán a obra teatral “Eu voto porque me toca” este domingo no Centro Ágora

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, presentou no consistorio esta obra impulsada pola Asociación Proxecto Máscaras que trata a reforma do dereito a voto das persoas con diversidade

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira; o presidente da Asociación Proxecto Máscaras, Iago González, e varios representantes desta entidade presentaron hoxe no pazo de María Pita a obra de teatro "Eu voto porque me toca", que se representará este domingo ás 16.30 h no Centro Ágora da Coruña no marco do Festigual.

Esta iniciativa está organizada pola Asociación Proxecto Máscaras, unha entidade de carácter cultural que integra as persoas con discapacidade a través do mundo audiovisual, e participan nela as asociacións Aspronaga, Grumico, o colexio Calasancias, Amiga e Adcor, entre outras.

Neira agradeceulles a todas as entidades colaboradoras o seu traballo e por "facer do seu día a día unha realidade da visibilidade" xa que, asegurou, "é de agradecer que a través destes proxectos tan bonitos e do ámbito da cultura se consiga a normalización e a visibilidade das persoas con discapacidade" porque "estas asociacións ensínannos a que os retos son moito máis fáciles cando un se pon a conseguilos". A edila tamén lles lembrou a todas as persoas asistentes que o vindeiro 3 de decembro "celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade" e dixo do Festigual que se trata dunha iniciativa que está crecendo e cuxos resultados "están sendo máis que satisfactorios" polo que, explicou, "agardamos que se converta nunha referencia cultural en España".

"Eu voto porque me toca" é o segundo capítulo da sitcom "Na vida pública" que coincide coa reforma que permite que as persoas con diversidade poidan exercer o dereito a voto, as mesmas persoas que este domingo ás 16.30 h representan no Ágora esta obra teatral que tanto as identifica.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?