Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de octubre de 2019

Urbanismo asina un convenio para a creación dun premio que distinga as mellores rehabilitacións de edificios

Na reunión do venres cos responsables do COAG, acordouse convocar a partir de 2020 un concurso co fin de recuperar espazos residuais de barrios con carencias de zonas libres e verdes

A concellería de Urbanismo acordou co COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), tras a reunión do venres, a creación dun premio bianual á mellor rehabilitación no ámbito PEPRI no que se valorarán en diferentes categorías ás mellores reformas de edificios residenciais, as mellores rehabilitacións de baixos comerciais e a mellor intervención no espazo público. A idea é que a primeira edición sexa en 2021.

Pola súa parte, o colectivo de arquitectos demandou axilidade na concesión de licenzas para saír da parálise do anterior mandato, que "afectou a toda a cidadanía e a nosa profesión". O presidente do COAG, Roberto Costas, manifestou que "nos gustaría que se volveran a reactivar convocatorias para crear espazos de calidade na cidade". Neste aspecto, o equipo municipal acordou co colectivo un convenio de colaboración para crear un concurso de microespazos na cidade orientado á recuperación de lugares residuais de barrios con carencias de zonas libres e zonas verdes tales coma a Agra do Orzán, Monte Alto, Os Castros ou Os Mallos. O primeiro concurso convocaríase en 2020 tras a elaboración das bases.

No encontro falouse de instaurar a partir do ano que vén a Semana da Arquitectura na cidade por parte do Concello, do COAG e da Escola de Arquitectura, implicando a outras institucións e administracións co fin de organizar unha semana de actividades na que se poidan realizar visitas a edificios de interese arquitectónico, así como exposicións e conferencias.   

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?