Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de noviembre de 2019

Urbanismo prepara un marco de información e colaboración novo para lles dar seguridade aos axentes implicados no desenvolvemento urbanístico da cidade

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá con representantes do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña para analizar os obxetivos da Mesa polo Desenvolvemento Urbano Sostible

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada reuniuse esta mañá con representantes do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña no que foi un primeiro encontro institucional onde lles explicou a intención da concellería de crear un marco de información e colaboración estable para lles dar maior seguridade a todos os axentes e operadores implicados no desenvolvemento urbanístico da cidade.

Villoslada explicoulles que a Mesa polo Desenvolvemento Urbano Sostible será un foro de traballo permanente para coñecer as demandas dos axentes do sector e transmitirlles os intereses municipais, que son principalmente os de garantir a seguridade xurídica nas proxectos edificativos, levar a cabo desenvolvementos urbanos de calidade e impulsar os plans urbanísticos pendentes no PXOM de 2103. "Hai moitas normas zonais e parámetros do Plan xeral que están sen definir, o que provoca problemas á hora de que se presenten licenzas e proxectos de compensación e construción de novos polígonos", informoulles o concelleiro durante a reunión.

Doutra banda, o colexio transmitiulle a Villoslada a necesidade de axilizar o proceso de tramitación e obtención de licenzas. Ambos coincidiron en cualificar a reunión de "moi satisfactoria" e incidiron na necesidade de manter un diálogo fluído co fin de colaborar no deseño da cidade.

Esta reunión enmárcase na rolda de encontros que o responsable deUrbanismo ten previsto manter con todas as entidades e axentes relacionados co urbanismo e a construción na Coruña.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?