Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Co-Lab: como seguimos construíndo o noso laboratorio cidadán?

Cando:

24/03/2018

Horario:

Ás 10.30 h

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Hashtag:

#colab

Organizador:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

colab@coruna.es

http://colab.coruna.gal/como-seguimos/

Espazo aberto

Gustaríache coñecer de primeira man en que consistiron os proxectos do Co-Lab 2017? Queres conversar, coñecer persoas con intereses comúns, intercambiar experiencias e coñecementos? Achégate e participa:o Co-lab construímolo entre todas as persoas interesadas!

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática convídate a unha Xornada de Espazo Aberto para afondar nos aspectos que máis che interesen do Co-Lab. En primeiro lugar, coñeceremos os 6 proxectos participantes na edición do 2017 e despois, as propias persoas que participedes decidiredes sobre os temas que queredes conversar. Unha axenda aberta para seguir construíndo o noso laboratorio cidadán. Contamos contigo para seguir construíndo o noso Co-lab? Participa no Espazo Aberto o vindeiro 24 de marzo, no Centro Cívico da Cidade Vella das 10.30 ás 14.00 h.

Programa

10.30 - 10.45: Presentación do Espazo. Por Claudia Delso, concelleira de Participación e Innovación Democrática.

10.45 - 11.40: Presentación dos proxectos Co-lab 2017 | Presentación dos 6 proxectos desenvolvidos no marco do Co-Lab durante o ano 2017, por parte das persoas participantes nas diferentes iniciativas.

11.45 - 13.00: Espazo Aberto: configuración da axenda e conversas. Espazo aberto para conversar, entre as persoas participantes, sobre o futuro do laboratorio cidadán, as propostas para o futuro. etc.

13.05 - 14.00: Posta en común da xornada e próximos pasos. As persoas participantes comparten o falado co grupo.

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?