Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Prazas e horarios dispoñibles do 18 ao 22 de febreiro - EDM 2018/19

Publícanse as prazas e os horarios dispoñibles para libre matrícula durante a semana do 18 ao 22 de febreiro.

Estas prazas actualizaranse cada venres a partir das 14.00 h.

Pode consultar os horarios dispoñibles na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé do cadro de prazas dispoñibles:

Lembrámoslle que estas prazas actulizaranse seguindo os seguintes criterios:

  • Prazas para libre matrícula nas escolas de 6 a 17 anos: actualizaranse todos os venres a partir das 14:00 h ata o 31 de decembro de 2018
  • Prazas para libre matrícula nas escolas de +18 e +65 anos: actualizaranse todos os venres a partir das 14:00 h ata o 31 de marzo de 2019

O procedemento de matrícula será por orde de chegada, e as matrículas poderanse formalizar nas oficinas do SMD situadas no Pazo dos Deportes de Riazor, Cidade Deportiva da Torre e Polideportivo Municipal do Barrio das Flores.

As prazas e horarios do C.P.M. San Diego e Club do Mar de San Amaro poderanse consultar nos ditos centros.

Prazas dispoñibles do 18 ao 22 de xaneiro nas EDM 2018-2019.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 18-64 ANOS

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
GAP Y BALL 18-64 LU-ME-XO  11:15-12:00 // 11:15-12:00 // 11:45:12:30 (CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR) 10
MANTEMENTO  18-64  (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 10
MANTEMENTO 18-64 E +65   P. Bº FLORES (BARRIO DAS FLORES) 2
MANTEMENTO 18-64   SAN FRANCISCO XABIER (SAN FRANCISCO XABIER) 4
NATACIÓN 18-30 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25m.) 4
NATACIÓN 18-64 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25m.) 12
NATACIÓN PRENATAL (MENSUAL) (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25m.) 14
PILATES 18-64  (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 1

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS +60 ANOS

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
NATACION +65  (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 2

Nas EDM de 6 a 17 anos só permitiranse cambios de hora para alumnos xa matriculados, en caso de producirse algunha baixa.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 6-8 ANOS

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
AIKIDO 6-8 ANOS UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 5
IUDO 6-8 ANOS UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 7
MINITENIS 6-8   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 3
PATINAXE 6-8    (POLIDEPORTIVA Nº1 DE RIAZOR) 18
XIMNASIA 6-8 ANOS (SAGRADA FAMILIA) 11

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 9-11 ANOS

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
BADMINTON 9-11   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 11
IUDO 9-11 ANOS UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 5
PATINAXE 9-11    (POLIDEPORTIVA Nº1 DE RIAZOR) 4
TENIS 9-11   (CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR) 3
TENIS 9-11 NOVO MESOIRO (NOVO MESOIRO) 4

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 12-17 ANOS

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
NATACIÓN 12-17 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR) 1
PADEL 12-17 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 1
PATINAXE 12-17    (POLIDEPORTIVA Nº1 DE RIAZOR) 1
TENIS 12-17 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 1
TENIS 12-17 NOVO MESOIRO (NOVO MESOIRO) 3
XIMNASIA 12-17 (SAGRADA FAMILIA) 1

Publicación de Listaxes Provisionais - EDM 2018-2019

Publicación de listaxes provisionais - EDM 2018-2019

Publícanse as listaxes provisionais de solicitantes, tanto alfabética coma por grupos, que se poden consultar nas seguintes ligazóns:

Prazo e lugar de presentación de alegacións: os días 13 e 14 de setembro nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre e Palacio dos Deportes de Riazor), en horario de 08.00 a 13.30 h.

Orde de preferencia: nos supostos en que o número de prazas ofertadas sexa menor das demandadas, para a orde de preferencia teranse en conta primeiro as persoas empadroadas no Concello da Coruña e, se aínda así resultase necesario, realizarase un sorteo público (para cada unha das escolas deportivas) na oficina administrativa do Palacio dos Deportes de Riazor ás 10.00 horas do día 17 de setembro, conforme ao procedemento establecido no apartado IV.5) das presentes bases.

Listaxes definitivas: publicaranse o día 18 de setembro.

Para garantir a  transparencia e a igualdade de concorrencia nas matrículas das escolas deportivas do vindeiro curso, os dous primeiros días do prazo (19 e 20 de setembro de 2018) só se poderán tramitar no Palacio dos Deportes de Riazor, permanecendo pechadas para todos os efectos as oficinas da Torre e do Barrio das Flores.

Publicación de prazas vacantes: unha vez rematado o prazo de matrícula, o venres 28 de setembro publicaranse na web e nos taboleiros.

O prazo de 5 días hábiles, no que se poderá matricular calquera persoa preinscrita na actividade onde aínda haxa prazas vacantes, comezará o 1 de outubro e rematará o 5 de outubro. Durante os días 1 e 2 só se poderán tramitar no Palacio dos Deportes de Riazor, e permanecerán pechadas para todos os efectos as oficinas da Torre e do Barrio das Flores.

Convocatoria para as Novas Prazas EDMs Curso 2018 - 2019

Convocatoria de Novas Prazas EDMs Curso 2018-2019

Bases das novas solicitudes e matriculacións

Esta concellaría presta conformidade ás bases da convocatoria de renovación e novas matrículas das Escolas Deportivas Municipais (en diante EDM) do Servizo Municipal de Deportes (en diante SMD), segundo a normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades (aprobada pola Xunta de Goberno Local o 20 de xullo de 2007).

Constitúe o obxecto destas bases a matrícula nas EDM; tanto que se trate da renovación do alumnado asistente durante o curso anterior como das vacantes que se produzan ou de novas modalidades para impartir durante o vindeiro curso.

(EXTRACTO, pode consultar as bases completas nesta ligazón)

1.- Datas de presentación de solicitudes de preinscrición: do 3 de setembro as 00.00h ata as 13.30 h do 10 de setembro.

2.- Lugar de presentación de solicitudes de preinscrición: as solicitudes presentaranse cubrindo o seguinte formulario, agás os cursos de recuperación funcional.

Cando a persoa non dispoña dos medios necesarios para facer a solicitude telemática, poderá acudir de xeito presencial -para que lla realicen- ás oficinas doSMD situadas na Cidade Deportiva da  Torre, Palacio de Deportes de Riazor e Polideportivo do Barrio das Flores, no horario do rexistro e atención ao públicodo concello (de 08:00 a 13:30h)

As solicitudes de preinscrición en EDM impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse formalizar nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido nos mesmos.

3.- Número de cursos por persoa:  Cada persoa poderá solicitar un máximo de dous cursos, pero só poderá matricularse nun único curso. Se alguén solicitase máis de dous cursos só se terán en conta as dúas primeiras solicitudes rexistradas por esa persoa. 

Iso non obstante, se unha vez rematada a convocatoria houbese prazas vacantes, poderá realizarse a matrícula nos cursos que estean dispoñibles. 

4.- Listaxes provisionais: publicaranse o día 12 de setembro.

5.- Prazo e lugar de presentación de alegacións: os días 13 e 14 de setembro nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor), en horario de 08.00 a 13.30 h.

6.- Orde de preferencia: nos supostos en que o número de prazas ofertadas sexa menor das demandadas, para a orde de preferencia teranse en conta primeiro as persoas empadroadas no Concello da Coruña e, se aínda así resultase necesario, realizarase un sorteo público (para cada unha das escolas deportivas) na oficina administrativa do Palacio dos Deportes de Riazor ás 10.00 horas do día 17 de setembro, conforme o procedemento establecido no apartado IV.5) das presentes bases.

7.- Listaxes definitivas: publicaranse o día 18 de setembro.

8.- Prazo e lugares de matrícula para todo o alumnado: do 19 ao 27 de setembro nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor) de 08.00 a 14.00 h. No caso de que se trate de escolas impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse realizar nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido neles.

Haberá un único período de matrícula para inscribirse nas EDM.

Só se poderán matricular as persoas ás que lles correspondese praza e non haberá listaxes de espera posteriores.

Rematado o prazo de matrícula e no suposto de quedar prazas vacantes, haberá un prazo de 5 días hábiles no que se poderá matricular calquera persoa preinscrita na actividade.

Estas matriculacións efectuaranse por rigorosa orde de chegada ás oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).

A partir desta data e ata o 31 de marzo, todos os venres a partir das 14.00 h publicaranse na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010 as prazas que aínda quedasen vacantes. Así mesmo, na devandita páxina web indicarase o xeito de proceder, en data e forma, con estas matrículas.

Exceptúanse de punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos só permanecerán abertas as matrículas ata o 30 de decembro, salvo que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, se decida - excepcionalmente - permitir a matriculación nun período posterior.

Cadro de prazas dispoñibles para as EDM do Curso 2018/2019

Pode consultar os horarios dipoñibles nos documentos adxuntos ao pé da páxina

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 6-8 ANOS PRAZAS LIBRES
Aikido 6-8 anos un día (Cidade Deportiva Riazor) 12
Iudo 6-8 años un día (Cidade Deportiva Riazor) 17
Minitenis 6-8 dous días (Cidade Deportiva da Torre) 24
Natación iniciación 6-8 anos dous días (Cidade Deportiva Riazor) 46
Natación iniciación 6-8 anos dous días (San Amaro) 4
Natación iniciación 6-8 anos dous días (San Diego) 55
Natación iniciación 6-8 anos tres días (San Amaro) 7
Patinaxe 6-8  dous días (Polideportiva Nº1 Riazor) 39
Ximnasia 6-8 anos (Sagrada Familia) 30
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 9-11 ANOS PRAZAS LIBRES
Aikido 9-11 anos dous días (Cidade Deportiva Riazor) 8
Atletismo 9-11 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 13
Badminton 9-11 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 24
Esgrima 9-11 dous días (Casa da Auga) 10
Iudo 9-11 anos dous días (Cidade Deportiva Riazor) 10
Natación 9-11 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 39
Natación 9-11 dous días (San Diego) 18
Natación perfeccionamento 9-11 anos dous días (San Amaro) 6
Natación perfeccionamento 9-11 anos tres días (San Amaro) 4
Patinaxe 9-11  dous días (Polideportiva Nº1 Riazor) 7
Tenis 9-11 dous días (Cidade Deportiva da Torre) 4
Tenis 9-11 dous dias (Cidade Deportiva Riazor) 15
Tenis 9-11 Novo Mesoiro 11
Ximnasia inc 9-11 anos (Sagrada Familia) 1
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 12-17 ANOS PRAZAS LIBRES
Atletismo 12-17 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 10
Badminton 12-17 dous días riazor (Cidade Deportiva Riazor) 9
Escalada 12-17 2 dias (Cidade Deportiva Riazor) 6
Esgrima 12-17 tres días (Casa da Auga) 7
Natación 12-17 dous  días (Cidade Deportiva Riazor) 29
Natación 12-17 dous  días (San Diego) 15
Natación perfeccionamento 12-17 anos dous días (San Amaro) 6
Natación perfeccionamento 12-17 anos tres días (San Amaro) 5
Padel 12-17 dous días (Cidade Deportiva da Torre) 7
Patinaxe 12-17  dous días (Polideportiva Nº1 Riazor) 4
Tenis 12-17 anos dous días (Cidade Deportiva da Torre) 6
Tenis 12-17 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 4
Tenis 12-17 novo mesoiro (Barrio das Flores) 9
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS +18 ANOS PRAZAS LIBRES
Baile deportivo dous días 18-64 riazor (Cidade Deportiva Riazor) 2
Entrenador personal 18-45 (Cidade Deportiva Riazor) 6
Entrenador personal 46-65 (Cidade Deportiva Riazor) 4
Gap y bal 18-64 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 16
Gap y bal 18-64 tres días (Cidade Deportiva Riazor) 15
Mantemento  18-64 dous días riazor (Cidade Deportiva Riazor) 26
Mantemento  18-64 tres días riazor (Cidade Deportiva Riazor) 30
Mantemento 18-64 dous días Iniciación (San Diego) 11
Mantemento +18 e +65 especial tres días sagrada f. (Barrio das Flores) 2
Mantemento 18-64 dous días rosales (Cidade Deportiva da Torre) 6
Mantemento 18-64 e +65 tres días p. Bº flores (Barrio das Flores) 8
Mantemento 18-64 tres días (Cidade Deportiva da Torre) 1
Mantemento 18-64 tres días san francisco xavier (Barrio das Flores) 9
Natacion 18-30 (Cidade Deportiva Riazor) 11
Natación 18-64 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 51
Natación 18-64 dous días (San Amaro) 26
Natación 18-64 dous días Iniciación (San Diego) 14
Natación 18-64 dous días Perfeccionamento (San Diego) 7
Natación 18-64 tres días (Cidade Deportiva Riazor) 28
Natación 18-64 tres días (San Amaro) 35
Natación 30-50 (Cidade Deportiva Riazor) 4
Natación prenatal (mensual) (Cidade Deportiva Riazor) 20
Padel 18-64 dous días (Cidade Deportiva da Torre) 5
Pilates 18-64  dous días (Cidade Deportiva Riazor) 6
Pilates 18-64 dous días (Cidade Deportiva da Torre) 4
Pilates 18-64 dous días barrio de las flores (Barrio das Flores) 16
Pilates 18-64 tres días (Cidade Deportiva Riazor) 5
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS +60 e +65 ANOS PRAZAS LIBRES
Mantemento +65 dous días riazor (Cidade Deportiva Riazor) 12
Mantemento +65 tres días Barrio das Flores (Barrio das Flores) 3
Mantemento +65 tres días riazor (Cidade Deportiva Riazor) 18
Mantemento +65 tres días torre (Cidade Deportiva da Torre) 7
Mantemento preferente +60 a 75 Barrio das Flores (Barrio das Flores) 1
Mantemento intensivo +60 a 75 tres días (Cidade Deportiva de Riazor) 1
Mantemento intensivo +60 a 75 tres días (Cidade Deportiva da Torre) 1
Natacion +65 dous días (Cidade Deportiva Riazor) 22
Natacion +65 dous días (San Amaro) 5
Natacion +65 dous días Iniciación (San Diego) 8
Natacion +65 dous días Perfeccionamento (San Diego) 26
Natacion +65 tres días (Cidade Deportiva Riazor) 28
Natacion +65 tres días (San Amaro) 4
Pilates +60 Intensivo (Riazor) 2

RECUPERACIÓN FUNCIONAL

A admisión na EDM de Recuperación Funcional deberá ser informada favorablemente, logo da previa valoración funcional, polo fisioterapeuta municipal ou, de ser o caso, por un profesional competente designado polo Servizo de Deportes.

O procedemento será o seguinte:

  1. Presentarase unha solicitude nos rexistros do SMD (sitos na Cidade Deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).
  2. A persoa presentarase para ser valorada no lugar, día e hora que lle indique o Servizo de Deportes, e deberá levar consigo o diagnóstico clínico e outros datos e/ou informes que considere de interese.

RECUPERACIÓN FUNCIONAL (RIAZOR)

PRAZAS LIBRES

Natación Adaptada Infantil (Cidade Deportiva Riazor)

4

Rf Dous  Días Adultos (Cidade Deportiva Riazor)

29

Rf Dous Días Infantil_Xuvenil (Cidade Deportiva Riazor)

7

Rf Tres Días Adultos (Cidade Deportiva Riazor)

21

Rf Tres Días Infantil_Xuvenil (Cidade Deportiva Riazor)

4

RECUPERACIÓN FUNCIONAL (SAN AMARO)

PRAZAS LIBRES

Rf Dous  Días Adultos (San Amaro)

17

Rf Dous Días Infantil_Xuvenil (San Amaro)

7

Rf Tres Días Adultos (San Amaro)

20

Rf Tres Días Infantil_Xuvenil (San Amaro)

20

RECUPERACIÓN FUNCIONAL (SAN DIEGO)

PRAZAS LIBRES

Rf Dous  Días (San Diego)

17

Rf Tres Días (San Diego)

19

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?