Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Tarxeta Millennium

A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para pagar a túa viaxe en autobús ou utilizar os servizos das bibliotecas municipais. En breve, esta mesma "chave" permitirache realizar trámites administrativos desde o teu ordenador, reservar instalacións municipais, sacar entradas para concertos de rock ou a Sinfónica e mil cousas máis.

TARXETA MILLENNIUM XERAL:

Tarxeta de bus xeral coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Solicitude por primeira vez, renovación, roubo, perda ou deterioración:

  • Servizo de Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - rúa Caballeros, 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Municipal (praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)
  • HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: luns a venres laborables de 08.00 h a 14:00 h
  • BONO-BUS TARIFA XERAL- (0.75):
  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, a nai ou titor/a legal, deben achegar o da/o interesada/o, se dispón del).
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor/a legal.
  • Xustificante de aboamento da taxa correspondente a: ( 3 EUROS pola expedición da primeira tarxeta e 7 EUROS en caso de roubo, extravío, deterioración ou calquera outra causa imputable ao uso inadecuado da tarxeta.

NOVO PERFIL DA TARXETA MILLENNIUM - MENOR DE 13 ANOS.  (Prezo do Bono-Bus 0)

Para a obtención por primeira vez, entregarase a Tarxeta Millennium completamente gratis co perfil de Menor de 13.

En caso de roubo, extravío ou rotura serán aplicadas as tarifas correspondentes á expedición e reposición da Tarxeta Cidadá de acordo co establecido na Ordenanza fiscal núm. 1 reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentación administrativa. (7 euros).

  • Requisitos:

  • Ser maior de CATRO E MENOR DE TRECE. As/os menores de catro anos accederán ao autobús sen tarxeta, de forma gratuíta.
  • Estar empadroados/as no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses, tanto a persoa solicitante como os membros da unidade familiar.
  • Documentación:

    DNI orixinal do pai, nai ou titor/a e o seu propio DNI no caso de que o/a solicitante o teña.
  • Esta tarxeta ten unha validez indefinida a partir do momento da concesión, ata que o/a menor cumpra trece anos, sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición a tarxeta deberá de ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.
  • Para realizar os trámites o horario de atención ao público será de mañá e de tarde (MES DE FEBREIRO).
  • HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: luns a venres laborables de 08.00 h a 14:00 h
  • HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO TARDES (Perfil Menor de 13) Luns a venres de 16.00 H a 19.0 H. SÓ NAS DEPENDENCIAS DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES

Pode realizar o pago en liña das taxas da Tarxeta Millennium. Este procedemento require que vostede dispoña dun certificado dixital válido.

BASES TARXETA MILLENNIUM - CONCESIÓN E RENOVACIÓN - ENTRADA EN VIGOR O 01 DE FEBREIRO DE 2019

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?