Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

2 de abril de 2018

A Concellería de Medio Ambiente inicia en 26 áreas da cidade o programa de limpeza e corte de maleza, que se manterá ata finais de setembro

Os traballos, que permiten controlar o crecemento da vexetación para evitar que sexan un problema de visibilidade, accesibilidade ou foco de lume nos meses máis cálidos do ano, levanse a cabo en tres quendas

O programa de limpeza e corte de maleza nas vías e camiños dos barrios que pon en marcha cada primavera a Concellería de Medio Ambiente arranca hoxe no lugar de Eirís-Uxío Carré, ao que seguirán outros 25 puntos da cidade. Esta iniciativa anual, que comeza en abril e finaliza en setembro, ten como obxectivo controlar o crecemento da vexetación para evitar que poida entorpecer a visibilidade e a accesibilidade en zonas urbanas e periurbanas do municipio, así como eliminar, nos meses de máis calor do ano, focos onde se poidan xerar ou expandir lumes. As tarefas de corte e limpeza realízanse en tres fases, unha primera que se acomete nos meses de abril, maio e xuño, unha segunda prevista entre xuño e agosto, e a última, que se realizará en agosto e setembro.

Os traballos programados para o mes de abril levaranse a cabo en Eirís-Uxío Carré (entre o 2 e o 7 de abril), Visma-Loureiro (do 9 ao día 12), Bens-Penamoa (previsto para 13, 14 e 16 de abril), Ventorrillo-Silva (os días 17 e 18), Os Mallos (os próximos 19 e 20), Os Anxos (entre os días 21 e 26) e Mesoiro-Feáns (que comezará o 27 de abril e continuará entre o 2 e o 5 de do seguinte mes). Durante maio será o turno de As Xubias, Castrillón-Urbanización Soto Iar, Castro de Elviña, Nostián, Palavea, Os Castros-San Diego, Atochas-Monte Alto, Oza-Urbanización Soto, Matogrande e A Gaiteira. Nas xornadas do mes de xuño comezarán os traballos por Labañou e continuarán nas zonas de Peruleiro-Mariñeiros, Santa Margarida, Portiño, Barrio das Flores, Monelos, Riazor, Zapateira e Sagrada Familia. As segundas e terceiras pasadas para eliminar a maleza realizaranse con, aproximadamente, un mes de descanso entre cada unha.

O programa de desbroce de viais, camiños e medianas é unha das iniciativas que pon en marcha cada ano a Concellería de Medio Ambiente para garantir o control da vexetación no municipio, que se completa coa limpeza de solares de propiedade municipal e o plan para facer seguimento e notificación dos terreos de propiedade privada dentro do plan de prevención de lumes. O Concello fai cada ano traslado ás propietarias e aos propietarios de parcelas que se atopan no termo municipal o requirimento para que procedan á limpeza e desbroce das fincas. A iniciativa ten como obxectivo evitar o risco de lume naquelas parcelas que precisan limpeza e sobre as que o Concello non pode actuar por non seren da súa competencia.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?