Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

7 de febreiro de 2018

O Concello organiza o sábado un dispositivo especial de seguridade e tráfico para o desfile de Entroido, que partirá da avenida da Habana

O percorrido estará pechado á circulación dende as 17.00 horas e contará con catro zonas acoutadas para personas con mobilidade reducida

O Concello ten xa preparado o dispositivo de cara ao desfile de Entroido, previsto para este sábado día 10, con saída na avenida da Habana e peche na praza de María Pita, e que modificará lixeiramente o seu percorrido para garantir a seguridade e reducir ao mínimo posible as afeccións de tráfico. As carrozas e comparsas, que percorrerán un traxecto de 1,9 quilómetros, sairán ás 17.30 horas de avenida da Habana, pasarán pola rúa Rubine, a praza de Pontevedra, San Andrés e Santa Catalina até desembocar no Cantón Pequeno. Dende alí continuarán polo Cantón Grande e a avenida da Mariña para finalizar na praza de María Pita, como se acordou hoxe na reunión de Seguridade Cidadá que ultima o dispositivo. Con estas modificacións, o Concello garante que os autobuses de transporte metropolitano non teñan que modificar o seu itinerario oficial, xa que poderán acceder ata a praza de Pontevedra, que manterá un carril aberto ata Juana de Vega. Así mesmo, porase en marcha un dispositivo de seguridade e asistencia, que estará dispoñible ao longo do percorrido, e que contará con efectivos da Policía Local, bombeiros, protección civil e sanitarios.

O percorrido do desfile conlevará alteracións no transporte público urbano e o peche ao tráfico das rúas polas que circulen carrozas e comparsas, mais iranse reabrindo segundo avance a comitiva e o público vaia abandoando a calzada. O acceso á avenida da Habana estará cortado entre as 14.30 e as 18.30 horas para facilitar o comezo do desfile e estará prohibido estacionar vehículos desde pola mañá, ás 08.00 horas, até as 18.30 horas na rúa, así como na zona de estacionamento situada diante da piscina municipal de Riazor. A Policía Local recomenda non utilizar o coche a partir de las 17.00 horas, pero en caso de que sexa necesario, indica que os desprazamentos no centro da cidade deberán facerse polo Paseo Marítimo e utilizando os túneles de María Pita e o Parrote. Para dirixirse cara a Monte Alto dende a avenida de Fisterra ou á rúa Federico Tapia será preciso seguir a ruta pola rúa Fonseca para, a continuación, seguir polo túnel de Juana de Vega e saír por Regidor Somoza.

Zonas acotadas e pulseiras identificativas

Seguindo a liña do Concello iniciada na Cabalgata de Reis de favorecer que toda a veciñanza poida desfrutar dos actos nos espazos públicos, instalaranse catro puntos acoutados ao longo do percorrido para as persoas con problemas de mobilidade. Estarán situados na praza de Pontevedra, no Cantón Grande á altura da Fundación Pedro Barrié de la Maza, diante da Subdelegación do Goberno na avenida da Mariña e na praza de María Pita. Outras das iniciativas municipais que se consolida no desfile de carrozas e comparsas é a das pulseiras identificativas para os e as menores de idade, nas que as súas persoas a cargo poden indicar nome e teléfono de contacto en caso de perda. Pódense recoller de forma gratuíta nunha vintena de localizacións como a Oficina de Turismo de María Pita, o quiosco da praza de Ourense, o Centro Municipal de Información Xuvenil, o Espazo de Iniciativas Xuvenís,  o Centro de Información a Mulleres (CIM) e no Centro de Orientación Familiar (COF), así como en 14 centros cívicos dos barrios da cidade.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?