Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de febreiro de 2019

O Concello renova con Gadisa o acordo de colaboración para o fomento da inclusión a través do deporte, que se estende ata 2020

O alcalde asinou co presidente do grupo empresarial a continuidade do convenio que, xunto coa aportación do Concello e outras entidades, permitirá abrir unha nova convocatoria do programa de Deporte Inclusivo e Solidario a través da Fundación Emalcsa

O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá co presidente e conselleiro delegado de Gadisa Retail, Roberto Tojeiro, un novo acordo de colaboración entre a empresa e a Fundación Emalcsa ata 2020 co obxectivo de levar a cabo unha nova edición do programa Deporte Solidario e Inclusivo, que procura a igualdade e inclusión social a través da práctica deportiva. O grupo empresarial comprométese, mediante o convenio asinado, a colaborar con citado programa ata o 31 de agosto de 2020 para o que formalizará a entrega dunha aportación económica de 10.000 euros no prazo de 15 días.

O alcalde coruñés destacou, nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que o programa Deporte Solidario e Inclusivo busca impulsar e afondar na inclusión a través da práctica deportiva, un obxectivo que se mantén en cada convocatoria de subvencións para que as entidades deportivas da cidade poidan poñer en marcha actuacións baseadas na inclusión e a igualdade. O Concello da Coruña destina, a través da Fundación Emalcsa, un total de 250.000 euros para financiar o desenvolvemento dunha vintena de  proxectos que promovan a igualdade de oportunidades e a integración social a través da práctica deportiva de distintas disciplinas de base.

Na última edición da mesma, foron 27 as iniciativas seleccionadas coas que colaborarán 20 entidades sociais da cidade e que engloban unha ampla representación da diversidade de deportes que se poden practicar na cidade, entre os que se inclúen hóckey --herba e sala--, tenis, tenis de mesa, bádminton, pádel, baloncesto, boxeo, escalada, patinaxe, fútbol e fútbol sala, piragüismo, esgrima, atletismo, triatlón e pentatlón moderno, judo, xadrez, halterofilia, balonmano, vela, tira con arco, natación rugby, hípica ou waterpolo.  

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?