Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

23 de novembro de 2017

O Laboratorio Cidadán celebra esta fin de semana diversas actividades abertas á veciñanza en tres barrios da Coruña

O programa impulsado pola Concellería de Participación achega as súas propostas a Monte Alto, Agra do Orzán e A Silva

A Concellería de Participación e Innovación Democrática informa de que esta fin de semana terán lugar en diferentes barrios da Coruña novas actividades dos distintos proxectos postos en marcha este trimestre no marco do Laboratorio Cidadán, o Co-Lab. Todas elas estarán abertas á veciñanza, e poderán participar "aquelas persoas interesadas en colaborar na construción dunha cidade baseada na innovación social", sinala a edil Claudia Delso. "O Laboratorio leva dous meses traballando en propostas que melloren a calidade de vida da veciñanza, e esta fin de semana tres proxectos achegarán as súas propostas aos barrios", explica a concelleira.

Así, mañá venres, a partir das 19.00 horas, no Centro Cívico da Silva desenvolverase un encontro do proxecto Co Urbanismo Nos Talóns, que busca reflexionar sobre os núcleos veciñais da cidade afectados pola presión urbanística. "Nesta actividade procurarase avanzar na creación de ligazóns e estratexias comunitarias para abordar a problemática", avanza a concelleira.  Ao día seguinte, o sábado 25, entre as 11.00 e as 14.00 horas, o Centro Ágora será escenario dun obradoiro participativo do proxecto participAGRA, un evento aberto a toda a veciñanza do Agra do Orzán co que se quere contribuír á creación de novos espazos comúns para a convivencia cidadá. "O obxectivo deste obradoiro será poñer en común as principais necesidades que detectan as propias persoas que viven no Agra e propoñer solucións que poidan facer do barrio un entorno máis humano", explica Delso.

Por último, tanto o sábado como o domingo o proxecto Oasis Monte Alto desenvolverá a acción barrial Construción do Soño no Espazo de Iniciativas Xuvenís --rúa do Matadoiro, 68--. Desde as 10.00 e até as 19.00 horas, o equipo promotor levará a cabo esta iniciativa transformadora que foi deseñada colectivamente durante un proceso anterior, o Xogo do Oasis. "No proceso de construción participou de maneira activa a veciñanza de Monte Alto, e agora hai que iniciar a súa posta en marcha contando cos recursos e talentos existentes no mesmo barrio", afirma a responsable municipal.

Para máis información sobre estes proxectos e o propio Laboratorio Cidadán da Coruña, pódese visitar o web municipal http://colab.coruna.gal

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?