Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium para persoas con discapacidade

En que consiste?:

Tarxeta de autobús para persoas con discapacidade, coa que as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación

REQUISITOS:

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos brutos inferiores a 1.170 €/mes = 16.380 €/ano por membro da unidade familiar.
  • Ter recoñecida polo órgano competente da Xunta de Galicia un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (pode cubrirse en portelo).
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (pode cubrirse en portelo).
  • Orixinal e fotocopia do certificado do grao de discapacidade ou tarxeta da Xunta indicando o grao de discapacidade ou resolución sempre que conste Incapacidade Permanente/ Total / Absoluta/ Grande Invalidez sen condicionar (en caso de renovación é suficiente coa presentación do certificado orixinal da Xunta, salvo nos supostos en que se produciu calquera modificación nel).

Este cartón ten unha validez de 1 ano, sempre que a persoa titular se manteña empadroada no Concello da Coruña e o certificado de discapacidade vixente. En caso de variar algunhas destas dúas condicións, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a persoa titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €, (Ordenanza Fiscal nº 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa (na Caixa Municipal ou en calquera das oficinas de Abanca), a persoa usuaria debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Oficinas de tramitación Tarxeta Millennium:

  • Servizo Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - r/ Caballeros, 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Muncipal (praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,33 €.
  • Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).
  • A expedición da tarxeta é gratuíta.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?