Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium para persoas xubiladas

En que consiste?:

Tarxeta de autobús para persoas xubiladas coa cal as súas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación

REQUISITOS:

  • Ser maiores de 65 anos (no caso de que sexa menor de 65 anos a persoa solicitante ou o seu cónxuxe tramitaríase como perfil pensionista, sempre que teña pensión)
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos que non superen en máis do 30% o S.M.I 1.170 €/mes = 16.380 €/ano por membro da unidade familiar (considéranse membros da unidade familiar: cónxuxe, fillos menores ao seu cargo e fillos con incapacidade ao seu cargo).

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (pode cubrirse en portelo).
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (pode cubrirse en portelo).

Esta tarxeta ten unha validez ata o falecemento da súa persoa titular sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a sía reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a persoa titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou extravio

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa (na Caixa Municipal ou en calquera das oficinas de Abanca), a persoa usuaria debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Oficinas de tramitación Tarxeta Millennium

  • Servizo Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - r/ Caballeros, 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Muncipal (praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,33 €.
  • Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).
  • A expedición da tarxeta é gratuíta.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?