Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Observatorio urbano

O Observatorio Urbano da Coruña é unha ferramenta de traballo dinámica, xeradora de información continua sobre a cidade; un centro de información estatística e un instrumento de visión e planificación urbana futura.

O seu obxectivo é solicitar, organizar, concentrar, validar e facilitar a información estatística que xeren os diversos programas e proxectos de xestión municipal, así como outras fontes externas que resulten de interese con datos representativos da cidade.

Esta ferramenta permite un maior coñecemento da realidade social, económica e ambiental do municipio herculino, ademais de ser útil para a Administración local na súa planificación e posibilitar a detección anticipada das necesidades e demandas emerxentes dos distritos.

A información está estruturada nas seguintes áreas temáticas:

      • Demografía
      • Medio Ambiente
      • Transporte e mobilidade
      • Espazo urbano
      • Economía
      • Emprego
      • Vivenda
      • Educación
      • Sanidade e Saúde
      • Benestar social
      • Cultura e deporte
      • Seguridade cidadá
      • Participación cidadá

      O municipio da Coruña está dividido en dez distritos censales que, á súa vez, se subdividen en seccións censales. A información de tipo inframunicipal que dispón o Observatorio Urbano refírese a esta división que se pode consultar en liña ou a través da seguinte ligazón:

      Plano do municipio da Coruña dividido en distritos e seccións censales (5MB)

        • Concello da Coruña
          • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
          • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
          • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
        Tes un navegador demasiado antigo!

        Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

        ?