Concello da Coruña

Concello da Coruña

TEUS

Autorización de uso puntual dos espazos TEUs: Faro de Oza e Ribeira Sacra 15 e 17 e TEU Azar

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Información

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Sector público

Órgano responsable:

Participación Cidadá

Vixente:

Si

Por medio deste procedemento poderá solicitarse o uso dos espazos, nas datas de interese, da rede de infraestruturas sociais TEUs.

Estes espazos están á disposición da cidadanía para o desenvolvemento de eventos de carácter privado ou familiar, e para que as asociacións, entidades sen ánimo de lucro ou colectivos informais teñan un espazo máis no que levar a cabo as súas actividades de carácter puntual.

  • O Faro de Oza dispón de dúas salas, unha de 40 m2 e outra de 30 m2, equipadas con cadeiras e mesas pregables. Non se poderá exceder a capacidade máxima do local fixado segundo a normativa sanitaria vixente. Máis información en TEU Faro de Oza
  • O TEU Ribeira Sacra 15 ten unha superficie de 80 m2, dividida en dous andares. Está equipado con mobiliario básico, biombos separadores de espazos e conta con cociña e forno. Non se poderá exceder a capacidade máxima do local fixada segundo a normativa sanitaria vixente. Máis información TEUs Ribeira Sacra
  • O TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo diáfano de 106 m2 que está equipado con mobiliario básico, biombos separadores, toma de auga e vertedoiro e unha plataforma de madeira elevada para pequenas actuacións. Non se poderá exceder a capacidade máxima do local fixada segundo a normativa sanitaria vixente. Máis información en .. TEUs Ribeira Sacra
  • O TEU Azar, no barrio das Flores, é un espazo diáfano de 50 m2, equipado con mobiliario básico e zona infantil de xogo. Non se poderá exceder a capacidade máxima do local fixada segundo a normativa sanitaria vixente. Máis información en .. O TEU Azar do Barrio das Flores

A persoa solicitante asumirá a responsabilidade de que non accedan ao interior do local máis persoas das permitidas en cada momento.

As autorizacións de uso serán como mínimo DUN DÍA completo e DOUS DÍAS MÁXIMO cando o tipo de actividades así o precise. O horario de uso xeral será de 09.00 a 22.00 h, excepto no TEU Azar do Barrio das Flores, que será de 09.00 a 21.00 h.

Autorización de uso puntual dos espazos TEUs: Faro de Oza e Ribeira Sacra 15 e 17

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 18 anos, empadroadas na Coruña, para uso propio ou en representación de entidades ou asociacións con sede na Coruña.

Requisitos:

  • Se quen o solicita é persoa física: debe estar empadroada no Concello da Coruña.
  • Se quen o solicita o fai como representante de entidades ou asociacións, esta debe dispoñer de sede na cidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

  • A persoa solicitante, e responsable do uso, deberá estar presente durante todo o tempo que dure a utilización do espazo.
  • Non está permitida ningunha actividade con ánimo de lucro nin a venda de produtos ou o cobro de entrada ás persoas asistentes a calquera actividade, e tampouco o consumo de bebidas alcohólicas e drogas en ningún caso.
  • Non se poderá solicitar o uso de ningún espazo TEU os días 24, 25 e 31 de decembro, nin os días 1 e 6 de xaneiro.
  • En todos os casos, as autorizacións de uso efectuaranse por estrita orde de entrada das solicitudes no rexistro.
  • Antes de facer a solicitude do TEU elixido, consulta os calendarios de dispoñibilidade. Ver os calendarios.
  • As autorizacións de uso serán como mínimo DUN DÍA completo e DOUS DÍAS MÁXIMO cando o tipo de actividades o precise. O horario de uso xeral será das 9.00 ás 22.00 h, excepto no TEU Azahar do barrio das Flores, que será das 9.00 ás 21.00 h.

Presentación

Prazo de presentación:

Poderán solicitarse datas dentro do mes en curso e ata dous meses máis como máximo, e cunha antelación mínima de 15 días naturais antes do día que se queira utilizar.

Documentación necesaria:

  • Instancia de solicitude: solicitude específica de autorización
  • Autorizacións: autorización ou xustificación da representación, de ser o caso.

Documentos relacionados

  • Solicitude de espazos TEU (71 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado: "Documentación necesaria"

Como se fai?:

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico así como a instancia de autorización, que tamén as poderá descargar dende esta páxina.

Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado electrónico recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Espazos TEUs

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Non poderá exceder de 6 meses.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión