Concello da Coruña

Concello da Coruña

SAMEEA

Emenda Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación

Órgano responsable:

Vivenda e Rehabilitación

Vixente:

Si

Ten por obxecto a achega de documentación para a corrección das solicitudes de axudas para a mellora da eficiencia enerxética, accesibilidade e obras de conservación en edificios de vivendas cunha antigüidade maior a 50 anos.

Emenda Axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Inscricións:

Dende o 10/02/2023

Presentación

Prazo de presentación:

Lei 39/2015, artigo 68. Corrección e mellora da solicitude

1. Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos ou outros esixidos pola lexislación específica aplicable, requiriráselle ao interesado que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixese, se lle terá por desistido da súa petición, logo da previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21.

Documentación necesaria:

Documentación xeral:

1) Solicitude: solicitude de concesión de axuda. (MODELO 01 "Solicitude Axudas para a conservación, mellora da eficiencia e a accesibilidade en edificios de vivendas": cubrir e presentar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telematicamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web).

2) Certificación da persoa titular da secretaría (MODELO 02): certificación da persoa titular da secretaría do acordo da comunidade de persoas propietarias e listaxe de persoas participantes no custo da obra. Só no caso de actuacións en elementos comúns.

3) Declaración responsable e autorización/non oposición á consulta de datos, das persoas que formen parte de comunidades de persoas propietarias/bens (MODELO 03): declaración responsable e autorización/non oposición á consulta de datos, das persoas que formen parte de comunidades de persoas propietarias/bens, e de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

4) Certificados de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social: certificados de estar ao corrente das obrigas fronte á Seguridade Social e/ou Axencia Tributaria e o Concello da Coruña, no caso daquelas persoas que se opoñan ou non autoricen as ditas consultas ao órgano instrutor.

5) Certificado bancario: certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta IBAN a nome/s da/s persoa/s beneficiaria/s

6) Notas simples informativas actualizadas emitidas polo Rexistro da propiedade: • Notas simples informativas do Rexistro da Propiedade nas que figure a actual propiedade de todos os inmobles para os que se solicite subvención ou, na súa falta, xustificante emitido polo Rexistro da Propiedade de que se solicitou a súa inscrición.

7) Documento identificativo:

  • DNI de todas as persoas propietarias no caso de solicitude de persoas físicas.
  • CIF no caso de solicitudes de comunidades de persoas propietarias.
  • DNI do representante, se é o caso.

8) Documentación acreditativa do domicilio habitual: documentación acreditativa de constituír domicilio habitual das vivendas que non estean habitadas polos seus propietarios, para os efectos de acreditar o cumprimento do artigo 3.3 da Ordenanza municipal reguladora

Documentación xeral técnica:

1) Memoria técnica: no caso de non estar recollida na documentación achegada para a obtención do título urbanístico habilitante, deberase presentar unha memoria técnica co seguinte contido:

  • Descrición das obras que se van realizar.
  • Fotografías do estado actual.
  • Xustificación da necesidade rehabilitadora.
  • Nas solicitudes referidas a obras de mellora de eficiencia enerxética: Certificado de eficiencia enerxética do edificio existente e certificado de proxecto, emitidos por persoal técnico competente.
  • Nas solicitudes referidas a obras de conservación, a memoria deberá xustificar expresamente que estas permitirán a obtención dun Informe de Avaliación do Edificio favorable.

2) Orzamentos: orzamento aprobado para a execución da obra, elaborado por empresa/s contratista/s, e desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios. Debe estar referido á obra para a que se solicite a axuda e conforme co seu título habilitante urbanístico.

3) Orzamentos comparativos: cando o orzamento aprobado ascenda a unha cantidade igual ou superior a 40.000,00 € + IVE deberanse presentar como mínimo outros dous orzamentos de diferentes empresas contratistas, que tamén deberán referirse á obra para a que se solicite a axuda e ser conformes co seu título habilitante urbanístico.

Estes orzamentos deberán ser de data anterior á do acordo de autorización das obras pola Comunidade de Persoas Propietarias.

4) Memoria técnica xustificativa: memoria asinada polo persoal técnico competente que xustifique a súa elección baseándose en criterios de eficiencia e economía.

5) Cadro resumo: cadro resumo dos importes que formen parte do custo subvencionable da actuación.

Documentación que hai que presentar no caso de obras de accesibilidade en elementos comúns:

1) Documentación acreditativa da situación das persoas: cando cumpra, certificado de discapacidade/informe médico acreditativo de redución de mobilidade e/ou DNI acreditativo da idade, daquelas persoas que, tendo o seu domicilio habitual no edificio deban terse en conta para a puntuación da actuación segundo os criterios de clasificación establecidos no apartado 8 da convocatoria.

Documentación que hai que presentar no caso de obras en vivendas independentes:

1) Declaración responsable de membros da unidade de convivencia (MODELO 04): declaración responsable das persoas que integran a unidade de convivencia e autorización de consulta do nivel de renda.

2) Volante colectivo de empadroamento no que figuren todas as persoas integrantes da unidade de convivencia emitido no prazo de presentación da solicitude. Soamente no caso de que se opoñan á súa consulta ou estean empadroadas noutro concello.

3) Declaración da renda: naqueles casos nos que non se autorice a consulta, estas persoas deberán presentar a declaración do IRPF ou, de ser o caso, certificado de ingresos emitido pola AEAT, referidos ao último período impositivo co prazo de presentación vencido no momento da solicitude desta axuda.

3) Autorización da persoa propietaria: autorización da propiedade do inmoble no caso de que a persoa solicitante da subvención non sexa a persoa propietaria.

4) Autorización de todas as persoas propietarias do inmoble a favor da persoa solicitante para actuar no seu nome.

5) Documentación acreditativa da situación das persoas: no caso de solicitudes referidas a obras de accesibilidade: certificado de discapacidade/informe médico acreditativo de redución de mobilidade e/ou DNI acreditativo da idade, daquelas persoas que, tendo o seu domicilio habitual no edificio deban terse en conta para a puntuación da actuación segundo os criterios de clasificación establecidos no apartado 8 da convocatoria.

Documentación que hai que presentar no caso de solicitar axudas adicionais (art. 8.3 da Ordenanza municipal reguladora):

1) Declaración responsable de membros da unidade de convivencia (MODELO 04): declaración responsable das persoas que integran a unidade de convivencia e autorización de consulta do nivel de renda.

2) Declaración da renda: naqueles casos nos que non se autorice a consulta, estas persoas deberán presentar a declaración do IRPF ou, se é o caso, certificado de ingresos emitido pola AEAT, referidos ao último período impositivo co prazo de presentación vencido no momento da solicitude desta axuda.

3) Volante colectivo de empadroamento: volante colectivo de empadroamento no que figuren todas as persoas integrantes da unidade de convivencia emitido no prazo de presentación da solicitude. Soamente no caso de que se opoñan á súa consulta ou estean empadroadas noutro concello.

Documentación para a xustificación de obras e aboamento da subvención no caso de obras executadas no momento da solicitude:

1) Xustificante execución de obra (MODELO 05): xustificación da execución da obra

2) Certificado final de obra asinado pola dirección técnica. No caso de obras sen dirección técnica deberá presentarse unha declaración responsable da súa execución asinada pola persoa solicitante e a/as empresa/s contratista/s.

3) Reportaxe fotográfica: reportaxe fotográfica que recolla as obras executadas; no caso de existir dirección técnica, deberá vir asinado por esta.

4) Memoria económica: memoria económica xustificativa do custo das actuacións coa relación clasificada de gastos. Xunto con esta memoria deberá achegarse:

  • Cando exista dirección técnica, certificación final de obras executadas indicando o grao de execución das partidas definidas na documentación técnica inicial, e aqueloutras que deberon introducirse durante a súa execución.
  • Facturas ou documentos de valor probatorio onde conste a identificación da persoa acredora, o seu importe e a data de emisión.
  • Xustificación do pago, mediante extracto ou certificacións bancarias, seladas e asinadas pola persoa ou entidade solicitantes.

5) Memoria técnica: memoria técnica xustificativa de alcanzar os parámetros mínimos establecidos segundo a intervención proposta.

6) No caso de solicitude referida á mellora da eficiencia enerxética, a memoria deberá incluír o Certificado de Eficiencia Enerxética do edificio terminado, previamente inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.

6) No caso de solicitude referida a obras de conservación, a memoria substituirase polo Informe de Avaliación de Edificios emitido tras a execución, que deberá ser de sentido favorable.

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Como se fai?:

Aquelas persoas que non estean obrigadas a presentar a solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, deberán presentar a solicitude no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (véxase o apartado "Onde se fai")

Internet

Que se necesita?:

No caso de tramitación electrónica, deberá cubrir o formulario web ao que se accede premendo no botón ENVIAR dentro da lapela de PRESENTACIÓN e achegar a documentación de corrección que proceda.

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado ou interesada que estea obrigado/a a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1262

Teléfono

Despois

E despois?:

Xustificación

Deberá xustificarse o gasto efectivamente realizado a través deste procedemento a través do trámite específico de Xustificación execución obras Axudas para a conservacion, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión