Concello da Coruña

Concello da Coruña

VAETDCA2022

Venda ambulante en tempada de castañas asadas

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións, Dominio Público

Materia:

Sector público, Comercio

Órgano responsable:

Uso e Utilización do Dominio Público, Emprego, Empresa, Turismo, Porto, Mercados, Consumo

Vixente:

Si

Outorgamento de autorizacións de aproveitamento e ocupación de dominio público, en réxime de concorrencia, para a venda ambulante en tempada de castañas asadas.

Venda ambulante en tempada de castañas asadas

Inscricións:

Dende o 26/08/2022 ata o 09/09/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas

Requisitos:

  • Está ao corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e con este Concello.
  • Cumprir as obrigas establecidas na lexislación vixente en materia de autorizacións de residencia e traballo (en caso de prestadores procedentes de terceiros países).
  • Reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora do produto obxecto da venda ambulante.
  • Non estar incluído en ningún dos casos de incapacidade ou incompatibilidade establecidos na lei para o exercicio do comercio.
  • Non realizar actividades con produtos prohibidos.
  • Dispoñer, no caso de que se realicen conexións eléctricas, dun certificado de instalación eléctrica expedido pola consellería competente en materia de industria, así como o xustificante de telo presentado na distribuidora eléctrica e o pagamento efectuado nesta.
  • No seu caso, certificado de resistencia ao lume ou de ignifugación, dos materiais susceptibles de combustión que formen parte do carriño-caseta así como acreditar a existencia dun extintor de 6 kg de po polivalente de eficacia 21A-113B (para o que se achega o certificado de revisión dos extintores).
  • Dispoñer de seguro de responsabilidade civil que cubra a actividade.

Prezo / Custo:

Tras a adxudicación, a persoa concesionaria terá que aboar a taxa correspondente de acordo coa Ordenanza aplicable núm. 31.

Órgano que resolve:

Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

A renuncia ao posto adxudicado supoñerá a exclusión automática das ofertas da persoa solicitante presentadas ao resto de postos aos que concorra.

A renuncia ao posto adxudicado poderá dar lugar a:

  • Unha indemnización ao Concello polo importe ofrecido para a tempada.
  • A inadmisión da persoa solicitante ou da empresa á que represente na seguinte convocatoria.

Outra información que o Concello considere de interese para a cidadanía

Prohíbense as prácticas calificables como colusorias, consistentes en que unha mesma persoa presente unha proposición a título individual ou participe á vez en diferentes sociedades ou entes sen personalidade xurídica, coa intención clara de controlar e monopolizar o postos obxecto de licitación; en tal caso, o Concello resérvase a facultade de excluír as ofertas nas que se aprecie a súa existencia, logo da audiencia ás persoas licitadoras sospeitosas de tal conduta.

Presentación

Prazo de presentación:

Órgano xestor:

  • Servizo de Concesións e Patrimonio Municipal

15 días desde a publicación no BOP (do ...............)

Documentación necesaria:

A recollida nos pregos que rexen esta convocatoria.

O "Arquivo para/Sobre A: Declaración responsable":

  • Persoas xurídicas: presentación telemática obrigatoria segundo formato descargable da sede electrónica (ANEXOS I e ANEXO III do Prego de cláusulas administrativas).
  • Persoas físicas: presentación telemática ou presencial.

O "Arquivo B/Sobre B: Oferta económica":

  • Presencial - para todos as persoas participantes (físicas e xurídicas). O documento que se recolle como ANEXO II ao Prego de prescricións técnicas, tamén descargable desde a sede electrónica.

Documentos relacionados

  • PCAP castelán (1 MB)
  • PCAP galego (1 MB)
  • PPT castelán (705 KB)
  • PPT galego (701 KB)
  • Declaración responsable persoas físicas/xurídicas Anexo I - castañas (81 KB)
  • Proposición económica Anexo II castañas (114 KB)
  • Declaración responsable de non incorrer en prohibición de contratar Anexo III castañas (50 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Obrigatoriamente, o anexo II coa proposición económica debe presentarse en modo presencial nun Rexistro Xeral. Os anexos I e III poderán presentarse en modo presencial se se trata de persoas físicas; no caso de persoas xurídicas, deberán presentarse de modo telemático; como se establece na apartado DOCUMENTACIÓN NECESARIA.

Como se fai?:

Nas oficinas de rexistro municipais, así como nos rexistros doutras administracións públicas, para o que hai que solicitar cita previa para a dependencia municipal en que vaia a efectuar a presentación.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez que se cubriu a solicitude telemática (á que se accede premendo no botón TRAMITAR EN LIÑA da parte superior desta pantalla), debe ter preparados no seu equipo para ser achegados: os ficheiros necesarios, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria" (anexo I e anexo III).

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer do programa Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e as e os rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1882

Lembre ter preparada toda a documentación que debe achegar.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

2 meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Reclamación económico-administrativa (no seu caso)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión