Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2021

A Policía Local identifica o condutor que se deu á fuga tras atropelar un home na Rolda de Outeiro

Os axentes identificaron o condutor e abriron dilixencias xudiciais por se os feitos puidesen ser constitutivos de delito

A Policía Local logrou identificar o condutor do vehículo que se deu á fuga tras atropelar unha persoa na Rolda de Outeiro.

Tras visionar as cámaras da zona comezaron as pescudas que finalizaron onte coa identificación do vehículo, un Peugeot de cor dourada que presentaba un forte impacto no parabrisas, e que estaba estacionado no barrio de Monte Alto. Os axentes identificaron o condutor e abriron dilixencias xudiciais por se os feitos puidesen ser constitutivos de delito.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión