Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campaña de vixilancia e control de camións e autobuses

DO 13 Ao 19 DE XUÑO DO 2022

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/06/2022 ata o 19/06/2022

Xa rematou

FINALIDADE

A motivación desta campaña é que a pesar de que o 68% do parque de vehículos no noso país son turismos, o transporte de mercadorías (camións e furgonetas) ten un peso importante no que a seguridade viaria se refire, xa que representa o segundo tipo de vehículo máis numeroso que circula polas nosas estradas (14% do total do parque) e están implicados no 16% dos accidentes con vítimas. O parque de autobuses representa arredor do 0,2% do total do parque automobilístico, estando implicados no 2% dos accidentes con vítimas.

Este dato, unido a un maior índice de letalidade no caso de accidentes con vehículos de mercadorías de máis de 3.500 kg, leva á Dirección Xeral de Tráfico a poñer en marcha, entre os días 7 e 13 de febreiro de 2022, unha nova campaña de vixilancia e control de camións e autobuses.

Durante esa semana, os axentes da Policía Local da Coruña, controlarán autobuses e todo tipo de camións, independentemente do país no que estean matriculados, incidindo a vixilancia e control en aspectos tales como a velocidade á que circulan, as horas de condución e descanso, o tacógrafo, o exceso de peso, os defectos técnicos do vehículo, a seguridade da carga transportada, a documentación do vehículo e da persoa condutora, o uso do cinto de seguridade por parte do/a condutor/a e das persoas ocupantes, a condución baixo os efectos do alcol ou outras drogas, a utilización do teléfono móbil etc.

MEDIDAS QUE AXUDAN A REDUCIR A ACCIDENTALIDADE

-Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria do transporte por estrada a Dirección Xeral de Tráfico comunícalle á Dirección Xeral de Transporte Terrestre as sancións cometidas por condutores/as profesionais reincidentes para que realice as investigacións pertinentes sobre as empresas para a que traballan e estudar a posibilidade de que as empresas que incorran nas faltas máis graves perdan a capacidade para operar no mercado.

-Os radares discriminan por tipo de vehículo que cometeu a infracción, co fin de sancionar en función da limitación específica aplicable a cada un.

- Desde xaneiro de 2019, a velocidade nas estradas convencionais é de 90 km/h, aínda que para camións e autobuses, entre outros vehículos, teñen outros límites:

  • 90 km/h para camións, tractocamións, furgonetas, autocaravanas de MMA superior a 3500 kg, vehículos articulados, automóbiles con remolque e resto de vehículos por autoestrada e autovía.
  • 80 km/h para camións, tractocamións, furgonetas, autocaravanas de MMA superior a 3500 kg, vehículos articulados, automóbiles con remolque e resto de vehículos por estrada convencional.
  • 100 km/h para autobuses, vehículos derivados de turismo e vehículos mixtos adaptables por autoestrada e autovía.
  • 90 km/h para autobuses, vehículos derivados de turismo e vehículos mixtos adaptables por estrada convencional.

-Sinal V-23 de dispositivo reflector para vehículos de transporte de marcado de contorno e que permite unha mellor visualización destes vehículos, cuxa instalación é obrigatoria para vehículos con peso máximo superior a 7,5 Tm e de máis de 6 m de longo e 2,1 m de ancho, así como remolques e semirremolques de peso máximo superior a 3,5Tm, matriculados desde o 10 de xullo de 2011. As características técnicas e de colocación están recollidas no anexo XI do Regulamento xeral de vehículos.

-Tamén axuda que cando o resto de condutores/as de vehículos vaian realizar o adiantamento a un camión ou a un bus, realicen tal manobra de modo correcto sen obrigar tanto a estes vehículos como ao resto de usuarios a modificar a súa traxectoria ou velocidade.

SITUACIÓN EN ESPAÑA

En 2018 os camións de máis de 3.500 kg estiveron implicados en 4.302 accidentes con vítimas nas que faleceron 283 persoas.

Respecto dos autobuses, estes víronse implicados en 2.269 accidentes con vítimas, nos que faleceron 56 persoas.

Hai que ter en conta que nestes accidentes, a maior parte das persoas falecidas son ocupantes dos outros vehículos implicados no incidente viario.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 12/10/2020 AO 18/10/2020

- Total de vehículos controlados: 69 (68 nacionais e un estranxeiro).

  • 1 denuncia por non utilizar a persoa condutora o cinto de seguridade.
  • 2 denuncia por ITV.
  • 2 denuncias por carecer de autorización para realizar o transporte.
  • 1 denuncia por non levar no vehículo e ter caducado o certificado de conformidade ATP (temperatura regulada).

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 08/02/2020 AO 14/02/2020

- Total de vehículos controlados: 31

  • 1 denuncia por motivos diferentes aos de transporte.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 11/10/2021 AO 17/10/2021

- Total de vehículos controlados: 120

  • 3 denuncias por infraccións de documentación.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 07/02/2022 AO 13/02/2022

- Total de vehículos controlados: 87

  • 3 denuncias por ITV.
  • 1 denuncia por infracción relativa ao vehículo.
  • 3 denuncias por infraccións relativas ao cargador/transportista.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 13/06/2022 AO 19/06/2022

- Total de vehículos controlados: 61

- Total denuncias: 8

  • 1 denuncia por ITV.
  • 1 denuncia por mala estiba da carga.
  • 1 denuncia por exceso de peso.
  • 5 denuncias por outras infraccións (autorización de transporte, CAP...).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión