Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campaña de vixilancia e control de distraccións

DO 7 Ao 13 DE SETEMBRO DO 2022

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/09/2022 ata o 13/09/2022

Xa rematou

FINALIDADE

A DXT pon en marcha unha campaña de vixilancia e control de distraccións, que levará a cabo entre os días 7 e 13 de setembro e á que se sumará, como en ocasións anteriores, o Concello da Coruña co obxectivo de concienciar dos perigos que supoñen as distraccións ao volante.

As distraccións seguen sendo a primeira causa dos accidentes mortais de tráfico. Concretamente en 2019, a distracción aparece como factor concorrente nun 28 % dos accidentes con vítimas mortais, con 359 falecidos.

A TER EN CONTA PARA EVITAR DISTRACCIÓNS

  • Antes de coller o volante: Durmir ben, non inxerir alcohol e outras drogas, non facer comidas copiosas, coidar a inxesta de certos medicamentos.
  • No traxecto: Mellor non fumar. Se sente somnolencia, pare.
  • Manter unha temperatura agradable: 21 ou 22 graos é unha temperatura aconsellable.
  • O teléfono móbil é unha importante fonte de distraccións. Usar só para emerxencias e co coche parado. Recoméndase activar o "modo coche" naqueles dispositivos que o inclúan.
  • Radio/MP3: Manexalos distráenos, son aconsellables os sistemas que se manexan directamente desde o volante. Programar emisoras e CDs antes da viaxe é unha boa opción.
  • Viaxar con GPS: Tentar programar unha ruta en viaxe é moi perigoso. Hai que facelo antes.

Un dos principais motivos que xera a distracción do condutor é a utilización do teléfono móbil durante a condución. O seu uso multiplica por catro o risco de sufrir un accidente e o risco é equiparable á condución con exceso de alcohol.

Utilizar o móbil na condución supón apartar a vista da estrada durante un tempo determinado no que se percorre unha serie de metros sen que o condutor teña o control do vehículo, xa que a atención está centrada no móbil.

Segundo o último informe de Distraccións elaborado por RACE, o 96 % dos usuarios enquisados confesa ver a alguén falando polo móbil mentres conduce (80 % de forma habitual) e un 76 % afirma utilizalo sen falar, unicamente manipulándoo ou mirándoo. O informe detalla que no caso das redes sociais, o 18 % dos condutores confesa usar as redes sociais mentres conduce, dos que un 12 % faino de xeito habitual. Esta porcentaxe aumenta ata o 17 % entre os mozos de 18 a 24 anos.

NORMATIVA APLICABLE

A Lei de Seguridade viaria considera infracción grave conducir utilizando manualmente dispositivos de telefonía móbil, navegadores ou calquera outro sistema de comunicación, así como, conducir utilizando cascos, auriculares ou outros dispositivos que diminúan a obrigatoria atención permanente á condución.

Estas infraccións supoñen unha sanción económica de 200 euros e a perda de 3 puntos.

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 14/09/2020 Ao 20/09/2020

-Total de vehículos controlados: 250

-10 condutores denunciados por uso do teléfono móbil durante a condución.

-1 condutor denunciado por utilización de cascos ou auriculares durante a condución.

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 16/09/2021 Ao 22/09/2021

-Total de vehículos controlados: 1498

26 denuncias en total, delas:

  • 22 denuncias por conducir utilizando manualmente teléfono móbil.
  • 3 denuncias por utilización de cascos ou auriculares.
  • 1 denuncia por conducir sen manter a atención permanente á condución (manipular papeis sobre o volante).

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 07/09/2022 Ao 13/09/2022

-Total de vehículos controlados: 2195

14 denuncias en total, delas:

  • 13 denuncias por conducir utilizando manualmente teléfono móbil.
  • 1 denuncia por utilización de auriculares.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión