Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campaña de vixilancia e control de patinetes e bicicletas

DO 25 DE OUTUBRO AO 7 DE NOVEMBRO DO 2021

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/10/2021 ata o 07/11/2021

Xa rematou

FINALIDADE

A DXT levará a cabo, desde o día 25 outubro ata o 7 de novembro unha campaña en materia de seguridade viaria para protexer ao peón, de comunicación, vixilancia e control da prohibición de circular polas beirarrúas cos patinetes e bicicletas.

O Concello da Coruña adhírese á devandita campaña.

Preténdese concienciar ao respecto da mobilidade peonil, lembrando que as beirarrúas son un espazo exclusivo para os desprazamentos a pé.

A campaña contou co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Rede de Cidades que Camiñan, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e a Confederación Española de Organizacións de Maiores.

NORMATIVA

Desde que o pasado 2 de xaneiro entrase en vigor o RD 970/2020 polo que se modifica o Regulamento Xeral de Vehículos e o Regulamento Xeral de Circulación, dous textos normativos que se aprobaron en Consello de Ministros do 10 de novembro de 2020, os vehículos de mobilidade persoal, entre os que se atopan os patinetes, son considerados vehículos para todos os efectos polo que os seus condutores están obrigados a cumprir as normas de circulación, do mesmo xeito que o resto de condutores de coches e motos.

Isto implica, por exemplo, que estes vehículos, non poden circular polas beirarrúas (infracción grave con sanción de 200€), ademais de ter prohibida a circulación en vías interurbanas, travesías, autoestradas, autovías ou túneles urbanos. Con todo, a realidade é que non todos os usuarios respectan a norma, algúns por mero descoñecemento, e é habitual ver patinetes circulando polas beirarrúas, un comportamento que non só xera queixas entre as e os cidadáns, senón que ademais é perigoso para os peóns, chegando nalgúns casos a producir accidentes.

Como recordatorio, nos vehículos de mobilidade persoal só pode ir unha persoa, ademais o seu condutor está sometido ás mesmas taxas de alcohol permitidas pola Lei de Seguridade viaria ao resto de condutores, ademais teñen prohibido conducir con presenza de drogas no organismo e facer uso de auriculares, móbil ou calquera outro dispositivo mentres van conducindo.

MOTIVACIÓN

Decidiuse lanzar esta campaña que, cun ton amable e divertido, busca dar a coñecer a norma dunha maneira clara e, deste xeito, reducir os accidentes nas beirarrúas e os espazos peonís.

Trátase de reforzar a idea de que o respecto das normas que garanten a mobilidade segura é básico para avanzar cara ao modelo de cidades pacificadas no que todos os usuarios poidan convivir. Por este motivo, e co foco posto en protexer ao usuario máis vulnerable, non só na calzada, senón tamén nas beirarrúas, desenvolveuse esta acción.

Baixo o slogan "Non pasa", a campaña xoga con algunhas preguntas de cultura xeral das que non pasa nada por non saber a resposta, para deixar claro despois que a bicicleta e o patinete "non pasan" pola beirarrúa.

Esta poderá verse en autobuses e soportes urbanos de Madrid, Sevilla, Valencia, Zaragoza e Málaga, e conta ademais con cuñas de radio e pezas para medios dixitais e redes sociais a nivel nacional.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 25/10/2021 AO 07/11/2021

  • 9 denuncias por circular pola beirarrúa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión