Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de agosto de 2019

A Policía Local denuncia tres locais da zona da Cormelá durante un dispositivo especial

O mércores á noite realizou un servizo extraordinario no que incautou drogas na rúa Socorro, redactou un informe pola discusión dunha parella en Voluntariado e multou dúas persoas por ouriñaren na vía pública

A Policía Local tramitou ata sete denuncias durante o dispositivo especial pola Batalla Naval o mércores á noite, cando se cortou o tráfico no Paseo Marítimo. Na zona da praza da Cormelá, Pastoriza, praza José Sellier e rúa Vista estendeulles catro actas a tres locais da zona que deixaban saír a clientela fóra coa consumición na man e a un deles tamén por ter música. Na rúa Vista e en Santo André, denunciou dúas persoas por ouriñaren na vía pública e na avenida da Mariña cubriulle unha acta a unha terraza por se exceder no horario.

En Santo André, abriu un expediente máis por incumprir as normas de tráfico e na rúa Voluntariado fixo un informe sobre a discusión dunha parella. O servizo extraordinario colaborou ademais con Servigal para socorrer un gato que estaba perdido e abriu dúas actas máis nos Cantóns por infracción da ordenanza de limpeza e na rúa Socorro, 19, por incautación de droga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión