Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xullo de 2019

A Policía Local sanciona o dono dun “After Hours” da rúa Socorro

O local foi sancionado por non axustarse a actividade desenvolta ao tipo de licenza que ten (café bar)

Continúa a campaña posta en marcha recentemente polo executivo local por mor das denuncias da veciñanza, que alertaban de varios establecementos da zona centro onde non se respectan os horarios, as normas de convivencia e as actividades para as cales tiñan licenza.

Onte xoves pola mañá, pasadas as 8:30 horas, a Policía Lcoal levou a cabo un control de seguridade cidadá e de control de normas de funcionamento no café bar "A Tremenda", situado no número 9 da rúa Socorro.

O establecemento, segundo os axentes da Policía Local, funciona como "After Hours" desde hai pouco tempo ao cambiar de titular, de denominación e tamén de actividade.

Tras facer a inspección, os axentes prsentaron un total de cinco denuncias a catro clientes por posesión de droga e unha arma branca prohibida, dúas denuncias ao titular da licenza de actividade e 1 denuncia ao controlador de accesos. Deste xeito, a Policía levantou catro actas de denuncia por tenza de drogas a clientes do local, unha acta-denuncia pola incautación dunha navalla multiusos, dúas denuncias ao titular do establecemento por non axustarse a actividade desenvolta ao tipo de licenza que é de café bar, e outra por ter un controlador de accesos sen a correspondente habilitación. Así mesmo, denunciouse o controlador de accesos por carecer de licenza de habilitación pola Xunta de Galicia para exercer tal actividade.

No operativo participaron un total de 9 policías da Unidade de Distritos Diúrna, incluídos varios axentes de seccións especializadas en contaminación acústica e seguridade cidadá: 1 inspector, 1 oficial e 7 policías das Seccións de Motos, Medio Ambiente, patrullas 092 e Patrulla Planificada.

Doutra banda, respecto á colisión por "arremetida" que se produciu onte xoves entre unha furgoneta Mercedes  Benz e unha motocicleta  Kawasaki, o condutor da motocicleta permanece en observación na UCI do CHUAC.

Ao parecer, o condutor, home de 62 anos de idade, resultou ferido de carácter grave ao sufrir un corte nunha perna, e foi atendido no lugar por unha ambulancia do 061 que posteriormente o trasladou ata o CHUAC. Cabe sinalar que, na caída, o condutor da motocicleta arroiou a unha viandante, unha muller de 40 anos de idade, aínda que esta non presentou lesións de importancia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión