Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2020

As voluntarias e voluntarios de Protección Civil repartiron máis de 2.000 menús durante o estado de alarma

O corpo realizou 94 compras de alimentos e fixo até 433 entregas de material de prevención nun período de confinamento en que chegaron ás 2.559 actuacións de cara a lle facilitar a vida á veciñanza que non pode saír da casa

As voluntarias e voluntarios do corpo de Protección Civil repartiron 2.015 menús desde que se decretou o estado de alarma até a semana pasada, unha tarefa que se intensificou especialmente nos últimos días en que chegaron a distribuíren 455 menús ente as xornadas do 6 e do 7 de abril e 409, os días 8 e 9.

Ademais, fixeron 94 compras de alimentos a particulares e levaron material de protección a outras/os 433 nun período en que asumiron outros labores como o de animar a rapazada que está de aniversario, acudindo á súa rúa a cantarlles os parabéns. As e os efectivos déronlles sorpresas a 17 nenas e nenos da cidade desde que comezaron o 3 de abril.

En total, sumaron un total de 2.559 actuacións nestas semanas de confinamento nos fogares. Canto ás persoas cooperantes, déronse períodos en que colaboraron até 70 operarias/os de Protección Civil pero tamén contaron a maiores con persoas inscritas no equipo de voluntariado no concello, co fin de cubrir as necesidades básicas da veciñanza e, en todo, caso, rexistrouse unha media de máis de 50 cooperantes a pé de rúa co obxectivo de lles facilitar a vida ás persoas que por seren dependentes ou teren a súa mobilidade reducida, non poden saír da casa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión