Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2022

O Concello homenaxea aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil polo seu traballo e asistencia social durante a pandemia

Juan Ignacio Borrego sinalou a importancia de seguir traballando xuntos, “mantendo unha comunicación fluida entre as dúas entidades, basada no respecto, a empatía e a obxectividade”

O Salón de Sesións do Pazo Municipal de María Pita acolleu este sábado un acto de homenaxe aos voluntarios da agrupación de Protección Civil que percorreron as rúas e fogares da cidade da Coruña durante as sucesivas vagas da pandemia de Covid-19, asistindo en todo momento á cidadanía e sempre en estreita colaboración coa área de Servizos Sociais da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación.

O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, e o director da área de Seguridade Cidadá no Concello, Carlos Touriñán, agradeceron o incansable traballo levado a cabo polos voluntarios de Protección Civil nas distintas fases de confinamento e apertura de restriccións, recoñecendo ademais a súa importancia nas tarefas de axuda e concienciación social, razóns polas que o Concello homenaxeou con medallas e diplomas aos voluntarios pola súa labor.

Ao acto asistiu a presidenta da nova xunta directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Ana María Ares Vilariño, que tomou posesión do cargo a mediados de decembro do ano pasado. Durante a homenaxe, Ares Vilariño estivo acompañada por membros da nova xunta directiva, que xa durante o pasado mes de xaneiro mantiveron un encontro con representantes do Goberno municipal en María Pita coa idea de establecer futuras liñas de colaboración.

Neste sentido, o concelleiro Juan Ignacio Borrego sinalou a importancia de seguir traballando xuntos, "mantendo unha comunicación fluida entre as dúas entidades, basada no respecto, a empatía e a obxectividade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión