Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2020

O Concello reforza o servizo de seguridade cidadá ao incorporar 24 axentes, a promoción máis ampla de policías locais desde 1992

A alcaldesa, Inés Rey, destacou que no grupo de axentes que tomaron posesión esta mañá no salón de plenos, hai catro mulleres

A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, e o concelleiro de Réxime Interior, José Manuel Lage, recibiron esta mañá no pazo municipal de María Pita as e os 24 novos policías locais. As novas e novos funcionarios de carreira incorpóranse inmediatamente ao cadro do persoal, tras completaren o seu período de formación na Academia Galega de Seguridade entre os meses de abril e novembro.No discurso de benvida, a rexedora sinalou que agarda que as novas e os novos policías locais constitúan "ese apoio tan necesario á cidadanía nuns tempos tan complicados como os que estamos a vivir" para que, deste xeito, "poidan defender as ordenanzas municipais, velar pola seguridade de todas as veciñas e veciños e garantir o servizo público". Rey salientou que se trata da promoción de axentes máis ampla desde 1992, o que "reforza o compromiso do Goberno local polo emprego público e polo servizo de seguridade cidadá."A alcaldesa afirmou sentirse especialmente orgullosa do aumento da presenza de mulleres no corpo grazas a esta promoción, en que, dos 24 axentes, catro son mulleres, e reiterou a aposta decidida do concello pola incorporación plena da muller en todas as forzas e corpos de seguridade, que "non é algo novidoso, xa que están inscritos nunha estratexia de emprego público que se está plasmando nas novas convocatorias".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión