Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xuño de 2020

Patrullas da Policía Local vixiarán durante esta noite en cada un dos arcos de acceso ás praias

Arrinca o dispositivo de seguridade para unha festa de San Xoán diferente

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada da concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán; e do responsable da área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, supervisou esta tarde na Coiraza do Orzán o dispositivo especial de seguridade que arrincou xa con motivo da festa de San Xoán.

A alcaldesa pediulle á cidadanía que goce desta noite con prudencia e que se respecten as medidas de seguridade establecidas desde o concello. Fixo un chamamento á responsabilidade e ao sentidiño da veciñanza para que a noite transcorra sen sobresaltos "porque estamos aínda nunha pandemia e debemos extremar as precaucións, é importante quen non baixemos a garda para evitar rebrotes".  Lembrou que as praias se pecharan ás 21.00 horas e desde media tarde controlase o acceso para impedir que as persoas baixen obxectos relacionados coas cacharelas que están prohibidas en toda a cidade. Ademais, para evitar aglomeracións tampouco se poderán realizar eventos con música en vivo nin pechar as vías públicas.

Os dispositivos de emerxencia que se encargan de controlar que todo transcorra con normalidade contan con preto de 200 persoas. Este ano, suprímense socorristas nocturnos, equipos de rescate acuático, membros de Cruz Vermella e sanitarios, xa que a xente non pode baixar ás praias. A rexedora explicou que mentres un dispositivo velará pola seguridade na contorna dos areais, cunha patrulla da Policía Local en cada un dos arcos de acceso aos areais, outro dous dispositivos controlarán que en todos os barrios se cumpran as instrucións recollidas no bando municipal e a normativa para previr contaxios da Covid-19 como o uso das máscaras e manter a distancia de seguridade. Ademais, hai cámaras de vixilancia para controlar que ninguén celebre nos areais. No caso de desobedeceren as normas, o concello sancionará as persoas infractoras.

Doutra banda, Protección Civil revisará esta noite que todas as grelladas teñan autorización do concello. As grelladas só poden realizarse desde as 20.00 ás 00.00 horas. As familias ou grupos de amigos que decidan xuntarse nalgún sitio público deben respectar as distancias de seguridade e usar as máscaras. Ademais, é obrigatorio limpar o espazo ocupado, separar os residuos, garantir o paso dos vehículos de emerxencia e ter un extintor, mangueira ou un cubo con auga.

Para calquera dúbida ou incidencia pódese acudir ao centro de mando instalado na Coiraza do Orzán ou chamar ao 092, e demais servizos de seguridade e emerxencias da cidade: 112, 091, 080, 061.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión