Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xullo de 2021

Rey: “Condenamos calquera tipo de violencia, en concreto esta brutal e irracional agresión”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse esta mañá no consistorio coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para facer un seguimento da situación na que se atopa a investigación pola agresión que acabou coa vida de Samuel. A Corporación municipal, persoas empregadas do Concello e veciñas/os gardan un minuto de silencio na praza de María Pita como mostra de condena e rexeitamento á violencia e para expresar a dor pola morte do mozo coruñés de 24 anos.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse esta mañá en María Pita coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para facer un seguimento da situación en que se atopa a investigación da morte do mozo coruñés de 24 anos. Rey apuntou que o contacto coa Subdelegación do Goberno é "permanente" e indicou que "ambas queremos trasladar o noso apoio e cariño á familia e amizades de Samuel e unirnos á súa dor poñéndonos á súa disposición para todo aquelo que poidan necesitar".

"As dúas administracións condenamos calquera tipo de violencia, en concreto esta brutal e irracional agresión", manifestou a rexedora, quen pediu "prudencia e respecto para o traballo da Policía Nacional, que nestes momentos está tratando de esclarecer os feitos do tráxico suceso" que a madrugada do venres tivo lugar na Coruña.

O Concello da Coruña convocou esta mañá, ás 12.00 h, unha concentración na praza de María Pita para gardar un minuto de silencio como mostra de condena e rexeitamento á violencia e para "expresar a dor pola morte do mozo Samuel".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión