Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xuño de 2019

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 30 de maio até as 07.00 horas do 4 de xuño do 2019

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 00.35 horas do 29 de maio, unha dotación deu o alto a un vehículo cuxo condutor, un home de 36 anos, arroxou uns resultados positivos (1,18 e 1,16 mg/l) nas probas de alcoholemia ás que foi sometido, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado. O vehículo que conducía, da marca e modelo Peugeot 206, foi inmobilizado e retirado ao depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 05.00 horas do 29 de maio, produciuse un accidente da clase `contra obstáculo fixo´ na rúa Maestranza. A condutora do único vehículo implicado, unha muller de 53 anos, arroxou uns resultados positivos (0,76 e 0,75 mg/l) nas probas ás que foi sometida, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda, como autora dun delito contra a seguridade viaria por dar positivo na proba alcoholemia e estar implicada nun accidente de circulación. O vehículo que conducía, da marca e modelo Daewo Matiz, foi inmobilizado e retirado ao depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 20.40 horas do 30 de maio, produciuse un accidente da clase `contra obtáculo fixo´ á altura do número 13 da rúa Camelias, cando unha furgoneta Citroën Berlingo, conducido por un home de 59 anos, chocou contra un sinal vertical de tráfico. O condutor arroxou uns resultados positivos (1,43 e 1,43 mg/l) nas probas ás que foi sometido, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda, como autor dun delito contra a seguridade viaria por dar positivo en proba alcoholemia e estar implicado nun accidente de circulación. O vehículo foi inmobilizado e retirado ao depósito municipal de vehículos como medida cautelar de seguridade viaria.

- Ás 19.54 horas do 2 de xuño, produciuse un accidente da clase `outros´ na avenida Alfonso Molina, á altura do seu paso por Palavea. O condutor do único vehículo implicado arroxou uns resultados positivos (0,80 e 0,71 mg/l) nas probas alcoholemia ás que foi sometido. Polo que a este home, de 45 anos, se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria, ao dar positivo na proba e estar implicado nun accidente de circulación. Do vehículo que conducía, da marca e modelo Opel Vectra, fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

- Ás 02.30 horas do 3 de xuño, tivo lugar un accidente da clase `alcance inverso´ na rúa Severo Ochoa, no que estiveron implicados dous vehículos, un Peugeot 106 e un Opel Zafira. O condutor do Peugeot, un home de 21 anos, arroxou uns resultados positivos (0,68 e 0,68 mg/l) nas probas ás que foi sometido, polo que se lle tramitaronn dilixencias ao xulgado de garda, como autor dun delito contra a seguridade viaria por dar positivo en proba alcoholemia, estando implicado nun accidente de circulación. Do vehículo que conducía fíxose cargo un condutor alternativo habilitado legalmente para conducir e en condicións normais.

DETIDO POR ATENTADO CONTRA AXENTES DA AUTORIDADE NO EXERCICIO DAS SÚAS FUNCIÓNS

- Ás 19.00 horas do 30 de maio, unha patrulla foi comisionada para que se trasladase á zona das Xubias fronte ás facultades onde había varios vehículos mal estacionados sobre a beirarrúa. Unha vez no lugar, a dotación denunciou a estes vehículos, que foron retirados co guindastre. Cando se dispoñían a retirar un dos vehículos mal estacionado, achegóuselles un home increpando e insultando aos policías polo que lle solicitaron que se identificara, ao que se negou. O home dirixiuse ao seu vehículo coa intención de abandonar o lugar polo que se interpuxo no seu camiño un dos policías, ao que tentou golpear cun bastón que portaba chegando a propinarlle dúas patadas. O home de 72 anos foi detido e trasladado a un centro médico para a súa valoración e posteriormente a dependencias policiais. Fíxose cargo do vehículo e obxectos persoais que portaba o home un fillo do detido, que se achegou posteriormente ao lugar a requirimento policial.

DENUNCIADO POR UN PRESUNTO DELITO DE LESIÓNS

- Ás 17.05 horas do 1 de xuño, unha dotación trasladouse ás pistas de atletismo da Universidade da Coruña do campus de Elviña porque se recibira aviso dun incendio a través da Sala do 092. A patrulla escoitou unhas explosións e detectou lume na maleza xunto ás pistas de atletismo e a varias persoas que fuxían á carreira, polo que solicitou a colaboración dos Bombeiros e do 061. No lugar estaba a celebrarse un evento e unha das bombas de palenque que lanzaran os organizadores prendera lume na maleza. Ao retirar o resto de bombas de palenque da zona do lume produciuse unha explosión pola que resultaron lesionadas varias persoas, todas elas foron atendidas das súas lesións no lugar por persoal do 061 e Protección Civil, non sendo necesario o traslado a un centro médico de ningún afectado. Tras as investigacións oportunas, púidose comprobar que foi un home de 62 anos quen transportou as bombas de palenque desde Madrid nunha furgoneta sen acondicionar, carecendo de autorización para a súa manipulación ou traslado e que, ao acender a primeira das bombas, orixinouse un incendio nuns 5.000 metros cadrados. Estes feitos foron postos en coñecemento do xulgado de garda e da Subdelegación do Goberno ao carecer das autorizacións administrativas necesarias para o traslado, manipulación e disparo.  

DETIDA UNHA PARELLA, RESPECTIVAMENTE, POR VIOLENCIA DE XÉNERO E VIOLENCIA DOMÉSTICA

- Ás 22.05 horas do 1 de xuño, unha dotación detivo a un home por un delito de violencia de xénero e a unha muller por un delito de violencia doméstica. A actuación iniciouse con motivo dun aviso recibido na Sala do 092 no que informaban de que unha muller estaba a maltratar a un home nun domicilio da zona de Juán Flórez. A patrulla entrevistouse co home que lles abriu a porta quen lles manifestou que momentos antes, cando el estaba a falar por teléfono, a súa parella sentimental sen motivo algún, déralle un golpe na cabeza cunha táboa dun estante dun moble e tentado agredirlle cun coitelo producíndolle un corte moi superficial no brazo, presentando ademais arañazos no pescozo. Pola súa banda, a muller manifestou unha versión completamente distinta dos feitos, segundo ela foi a súa parella quen sen motivo algún comezou a agredila, zarandeándola e propinándolle diversos golpes tendo que defenderse como boamente puido. Á vista dos feitos, procedeuse á detención e posta a disposición xudicial desta parella de 26 e 22 anos, que foron informados verbalmente do motivo da detención e dos dereitos que lles asisten. Os detidos quedaron custodiados nos calabozos policiais a disposición xudicial.

DETIDO POR UN DELITO DE AMEAZAS CON ARMA BRANCA

- Ás 03.44 horas 2 de xuño, unha dotación detivo a un home por un delito de ameazas con arma branca. A actuación iniciouse con motivo dun aviso recibido na Sala do 092 no que informaban que un home estaba a ameazar a unha muller cun coitelo na rúa Comandante Fontanes. Xa no lugar, a patrulla detectou a un home e unha muller discutindo e moi alterados acompañados doutro home quen manifestou aos policías que cando se atopaba camiñando acompañado por esta muller, achegóuselles o home co que a muller estaba a discutir, moi alterado esgrimindo un coitelo na man dirixíndose cara a ela ameazándoa e que el auxiliara á súa amiga conseguindo que soltase o coitelo que se atopaba no chan. A patrulla entrevistouse coa muller que explicou que con motivo dun desacordo por un servizo prestado hai anos, o home co que estaba a discutir, desde fai uns quince días vénlle reclamando unha cantidade de diñeiro, que xa na tarde do sábado tivo problemas con el e que momentos antes cando camiñaba en compañía do amigo alí presente, achegóuselle moi alterado reclamándolle o diñeiro, insultándoa e ameazándoa de morte cun coitelo gritándolle "voute matar" e que chegara a temer pola súa vida, momento no que o seu amigo interveu logrando que soltase o coitelo. Á vista dos feitos procedeuse á detención e posta a disposición xudicial deste home, de 46 anos, sendo informado verbalmente do motivo da detención e dos dereitos que lle asisten. O detido quedou custodiado nos calabozos policiais a disposición xudicial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión