Do 17 ao 23 de abril de 2023
Para público en xeral
Dende o 17/04/2023 ata o 23/04/2023
Xa rematou
FINALIDADE
A DXT pon en marcha unha campaña de vixilancia e control da velocidade, que se levará a cabo entre os días 17 e 23 de abril e á que se sumará, como en ocasións anteriores, o Concello da Coruña.
A mensaxe para transmitir, independentemente da Administración que xestione a circulación, é que os límites de velocidade sempre se deben respectar, máis aínda cando moitas cidades contan con vías nas que os diferentes actores comparten espazo (coches, motos, bicis...)
A campaña traspasa as nosas fronteiras e realízase de forma simultánea en máis de 25 países europeos a través da Organización Internacional de Policías de Tráfico (TISPOL)
DE INTERESE...
A velocidade inadecuada está presente no 10% dos accidentes con vítimas e esta porcentaxe elévase ao 17% cando o accidente con vítimas sucede en vía interurbana.
No caso dos accidentes mortais, nun 21% deles a velocidade é un factor concorrente no accidente.
Circular a unha velocidade adecuada podería evitar unha cuarta parte das persoas falecidas en accidente de tráfico.
Cada ano, máis de 300 persoas morren nas estradas en accidentes nos que a velocidade é un factor concorrente.
Risco de falecemento dun peón en función da velocidade de colisión dun vehículo:
A partir de 80 Km/h é practicamente imposible que un peón se salve nun atropelo. En cambio, a unha velocidade de 30 Km/h, o risco de morte dunha persoa que circula andando redúcese ao 10%.
A distancia necesaria para a detención dun vehículo será a suma da distancia de reacción máis a distancia de freado. Estará en función da velocidade, o tempo de reacción da persoa condutora, as condicións técnicas do vehículo, así como do estado do firme da calzada.
A velocidade ten impactos moi significativos sobre o medioambiente, dado que o nivel de emisión de gases nocivos (fundamentalmente monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, hidrocarbonos e material particulado), o consumo de combustible e o ruído emitido polos vehículos están directamente relacionados coa velocidade.
CONCLUSIÓNS
A velocidade ten un impacto moi importante na calidade de vida das zonas urbanas, onde os vehículos poden interferir no benestar das persoas residentes e ter un impacto moi negativo sobre a seguridade de peóns, ciclistas e outras/os usuarias/os vulnerables.
NORMATIVA APLICABLE
A Lei de seguridade viaria e o Regulamento xeral de circulación fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade, velocidade en adiantamento e distancias entre vehículos. O incumprimento destas normas está tipificado como infracción grave ou moi grave, sancionadas con multas de 100 a 600 euros.
O artigo 379 do Código penal, establece que "quen conduza un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en sesenta quilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta quilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, será castigada/o coa pena de prisión de tres a seis meses ou á de multa de seis a doce meses e traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, á de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos".
A Lei do permiso por puntos contempla a perda de entre 2 e 6 puntos por este tipo de infracción, dependendo do exceso de velocidade cometido.
A Directiva UE 2015/413 do Parlamento Europeo e do Consello, pola que se facilita o intercambio transfronteirizo de información sobre infraccións de tráfico en materia de seguridade viaria establece o intercambio de información para oito tipos de infraccións, dentro das cales se recolle o exceso de velocidade. Este novo obxecto lexislativo debería reforzar a responsabilidade das persoas condutoras non residentes con respecto ás súas infraccións por exceso de velocidade. Os/as condutores/as "estranxeiros/as" representan arredor do 5% do tráfico rodado na UE mentres que a participación das persoas condutoras non residentes nas infraccións por exceso de velocidade está nunha media do 15%. Por tanto, os/as condutores/as non residentes están implicados/as en relativamente máis infraccións que os/as condutores/as residentes. Isto explícase polo sentimento de impunidade que chega cando se cruza a fronteira. É precisamente esta impunidade á que condena a nova proposta. O Punto de Contacto Nacional (DXT) ofreceralles ás Administracións Públicas os datos das persoas titulares e dos vehículos dos países da UE que cometesen infraccións en territorio nacional.
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 17/04/17 AO 23/04/17
- Número de controis realizados: 12
- Total de vehículos controlados: 1.715
- Total de vehículos denunciados: 57 (3,32% dos vehículos controlados)
- Condutores/as notificados/as no acto: 37 (64% do total de denunciados/as)
- Condutores/as non notificados/as: 20 (36% do total de denunciados/as)
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 21/08/17 AO 27/08/17
- Número de controis realizados: 7
- Total de vehículos controlados: 2.093
- Total de vehículos denunciados: 51 (45 turismos, 5 furgóns/furgonetas e 1 motocicleta)
- Condutores/as notificados/as no acto: ningún
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 16/04/18 AO 22/04/18
- Número de controis realizados: 16
- Total de vehículos controlados: 7.639
- Total de vehículos denunciados: 61
- Condutores/as notificados/as no acto: 16
- Condutores/as non notificados/as: 45
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 06/08/18 AO 12/08/18
- Número de controis realizados: 4
- Total de vehículos controlados: 1.385
- Total de vehículos denunciados: 12 (10 turismos e 2 furgóns/furgonetas)
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 01/04/19 AO 07/04/19
- Número de controis realizados: 17
- Total de vehículos controlados: 2.732
- Total de vehículos denunciados: 87 (75 turismos - 6 motocicletas - 5 furgonetas/vehículos mixtos - 1 camión)
- Persoas condutoras notificadas no acto: 69
- Persoas condutoras non notificadas: 18
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 06/07/2020 AO 12/07/2020
- Número de controis realizados: 8
- Total de vehículos controlados: 1.402
- Total de vehículos denunciados: 58 (45 turismos - 7 motocicletas - 6 furgonetas)
- Persoas condutoras notificadas no acto: 28
- Persoas condutoras non notificadas: 30
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 12/07/2021 AI 18/07/2021
- Número de controis realizados: 4 (2 en límite de 30 e 2 en límite de 50)
- Total de vehículos controlados: 840
- Total de vehículos denunciados: 10
RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 21/03/2022 AO 27/03/2022
- Número de controis realizados: 10
- Total de vehículos controlados: 3.387
- Total de vehículos denunciados: 61
(51 turismos - 2 motocicletas - 7 furgonetas - 1 camión)
- Persoas condutoras notificadas no acto: 27
- Persoas condutoras non notificadas: 34
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible