4 de setembro de 2019
Un equipo de Bombeiros da Coruña acudirá en outubro á cidade de Braga, Portugal, para participar no campionato de Europa de subida de torre no mosteiro do Bom Jesus do Monte.
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe en María Pita o equipo de bombeiros da cidade que regresou das Olimpíadas de Bombeiros e Policías que se realizaron en Chengdu, en China, e que acadou 11 medallas.
A alcaldesa felicitou os integrantes do equipo coruñés polos resultados obtidos e o esforzo realizado, e animounos a seguir co seu adestramento. O equipo coruñés, integrado por 11 bombeiros, foi o que máis medallas logrou de todos os participantes españois. Os bombeiros da cidade acoden a esta cita olímpica desde 2009.
Algúns dos integrantes do equipo que visitou China trasladaranse o próximo mes de outubro á cidade de Braga, Portugal, para participar no Campionato de Europa de subida de torre no mosteiro do Bom Jesus do Monte.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible