Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de julio de 2020

A alcaldesa realiza unha visita institucional a Capitanía Marítima e á Torre de Control Marítimo

Rey reuniuse alí co capitán marítimo da Coruña, Gonzalo Guillén Espejo-Saavedra, quen lle amosou as oficinas e lle explicou o funcionamento da capitanía e da administración marítima

A alcaldesa, Inés Rey, realizou esta mañá unha visita institucional ás instalacións da Capitanía Marítima e ao Centro de Coordinación e Salvamento da Torre de Control Marítimo da cidade.

Alí, reuniuse co capitán marítimo da Coruña, Gonzalo Guillén Espejo-Saavedra, quen lle amosou as oficinas e lle explicou o funcionamento da capitanía e da administración marítima. A continuación visitaron a Torre de Control Marítimo e saudaron o persoal responsable do Centro de Coordinación e Salvamento e a azotea do edificio, onde contemplaron as vistas da cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión