Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de septiembre de 2022

Grande-Marlaska asinou no Libro de Ouro do Concello

A homenaxe aos axentes falecidos en acto de servizo encheu de público a praza de María Pita no Día da Policía

A alcaldesa acompañou ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, no acto institucional central e na entrega de condecoracións

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañou esta mañá ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, no acto institucional central polo Día da Policía, nunha xornada de homenaxe aos policías falecidos en acto de servizo, que puxo o peche a unha intensa programación de actividades levadas a cabo na cidade desde o pasado xoves, co gallo desta celebración. Ademais de Rey e Grande-Marlaska, na tribuna de autoridades tamén estiveron José Miñones, Delegado do Goberno; Rafael Pérez, Secretario de Estado de Seguridade; Francisco Pardo Piqueras, Director Xeral da Policía; José Ángel González, director adxunto operativo da Policía; e Ramón Gómez, xefe superior de Policía de Galicia.

Durante boa parte da mañá desfilaron pola praza de María Pita diversos grupos policiais así como os vehículos das distintas unidades especializadas do corpo armado. Ademais, Grande-Marlaska fixo entrega de un centenar de condecoracións. 

Posteriormente, ao mediodía, Inés Rey recibiu no Palacio Municipal de María Pita a Fernando Grande-Marlaska, que asinou no Libro de Ouro no Concello. A rexedora amosou o seu agradecemento ao Ministerio de Interior, á Dirección Xeral de Policía e, en extensión ao ministro Grande-Marlaska e ao Director Xeral da Policía, Francisco Pardo Piqueras, "por apostar pola Coruña para acoller os actos centrais previstos este ano polo Día da Policía, tendo en conta o interese que lle trasladou o Goberno municipal, no 2021, para que a nosa cidade optase á organización desta cita".

Na recepción ao ministro de Interior, a alcaldesa tamén salientou que "A Coruña dispón das infraestruturas necesarias e está totalmente capacitada para a acollida de grandes citas como o Día da Policía e o cume hispano-alemán que se celebrará a vindeira semana, os días 5 e 6 de outubro, e no que estarán presentes o Presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, e o chanceler alemán, Olaf Scholz".

Os actos acollidos pola cidade co gallo do Día da Policía

A Coruña acolleu na última semana a mostra 'Medios y Museo de la Policía', que estivo aberta ao público ata este mércores, en horario de mañá, na Mariña e no Parrote. Tamén unha exhibición de medios policiais no Coliseum; a carreira nocturna 'Ruta 091, polos heroes do Orzán', en homenaxe aos policías nacionais Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, falecidos nas augas da praia do Orzán hai dez anos ao intentar salvar ao estudante eslovaco Tomas Velicky; un ciclo de conferencias divulgativas sobre a evolución da Policía, celebradas o luns no Paraninfo da Universidade da Coruña; e o acto de entrega dos premios Fundación Policía Española, celebrado onte no Palexco.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión