Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

29 de xaneiro de 2020

A Mesa pola Mobilidade Sostible impulsa a declaración da Coruña como "Cidade 30"

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presidiu esta tarde en María Pita a constitución da Mesa formada por un total de 24 entidades

O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presidiu esta tarde en María Pita a constitución oficial da Mesa Pola Mobilidade Sostible, que pretende ser un foro estable de traballo para analizar as propostas que nesta materia presenten os distintos axentes vinculados á mobilidade, tal e como se fai nas principais cidades europeas.       

A declaración da Coruña como "Cidade 30" será unha das primeirias medidas que impulsará a Mesa. A limitación xeral de velocidade na circulación será de 30 quilómetros por hora e nas vías con plataformas únicas reducirase a 20 e incluso a 10 qilómetros por hora. A medida, explicaron, terá validez en todo o conxunto urbano agás nas vías que teñan dobre carril. Deste xeito, se reducirán os accidentes. Ademáis, xunto con outras medidas, servirá para que os peóns e as peoas gañen protagonismo e poderanse mellorar os espazos urbanos. Neste sentido, A Coruña tamén se incorporará á Rede de Cidades que Camiñan.

Tamén se deu o visto e prace á adhesión á Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible aprobada pola Corporación no pasado pleno do 3 de outubro. O obxectivo fundamental da Declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sostible coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte por unha maior cohesión social.

Doutra banda, o titular de Urbanismo e Mobilidade presentou á Mesa un borrador dunha instrución para regular de xeito provisional a circulación dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), que na cidade non poderán circular polas beirarrúas. Villoslada confía en que poida aprobarse rápido, porque a intención da súa concellería  é a de sacar adiante unha nova ordenanza de mobilidade na cidade.

A Mesa debateu sobre algunhas melloras no transporte público, entre elas, a futura instalación de plataformas que estarían reservadas para os buses, bicicletas e vehículos de mobilidade persoal. E puxose sobre a mesa a necesidade de revisar algunha das líñas de autobuses co fin de mellorar a conectividade entre os barrios.

A transformación dos espazos publicos para humanizalos e darlle prioridade ás e aos peóns tamén estivo no orde do día. O edil de Urbanismo explicou aos e ás representantes das entidades que o Goberno ten previsto unir o parque de San Diego co Agra do Orzán a través dunha rolda peonil. Ademais, dixo, levaránse a cabo proxectos de urbanización e peonalización nalgunhas rúas da cidade como as que están a desenvolver en Puga e Parga e proximamente en Mariscal Pardo de Cela.

A mesa está integrada por representantes de:

- Dirección Xeral de Moilidade da Xunta

- Deputación da Coruña

- Demarcación de Estradas do Estado en Galicia

- Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña

- Autoridade Portuaria

- Universidade da Coruña

- Colexio de Enxeñeros de Camiños, Canais e Portos

- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

- Cámara Oficial de Comercio

- Confederación de Empresarios

- Federación das Asociacións de Veciños

- Mesa Local do Comercio

- Compañía de Tranvías

- Representación do sector do taxi da Coruña

- Stop Accidentes Galicia

- Grupo de Accesibilidade Coruña

 -Representación dos colectivos de ciclistas

 -Os tres sindicatos maioritarios: UGT, CC.OO. e CIG

 -A Confederación Nacional de Autoescolas (CNAE)

-O Colexio de Enxeñeiros Industriais

 -Colexio de Enxeñeiros de Obras Públicas

 -A federación de ANPAS

 -O polígono industrial da Grela

 -O polígono industrial de PO.CO.MA.CO.

Tamén forman parte da mesa con voz e voto unha persoa representante de cada grupo municipal do concello, a directora da área de Mobilidade, Elvira Quintairos; o director de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán; e a directora da área de Medio Ambiente, Angelika Lorenzen.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión