Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de novembro de 2019

Inés Rey recibe no concello a representación da Confederación Española de Policía

A rexedora recibiu os representantes da entidade para escoitar as súas demandas en materia laboral

Esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, recibiu no consistorio os representantes do Comité Executivo Provincial da Confederación Española de Policía (CEP), Borja Varela Ramil, José Manuel Juncal García e Fernando Patiño García, no que foi unha primeira toma de contacto institucional entre a entidade sindical e o concello. A rexedora agradeceulles a súa visita a María Pita que serviu para coñecer as súas principais reivindicacións en materia laboral.

Borja Varela valorou a reunión de forma "moi cordial e positiva" posto que, explicou, "Rey escoitou todas as nosas peticións e entendeu á perfección as necesidades" do corpo nacional. Entre estas peticións, destacou, están "o impulso na demanda do aumento de número de efectivos na oficina de denuncias e en radio patrullas". Rey quixo coñecer a situación dos axentes da Policía Nacional desprazados a Cataluña e comprometeuse a "impulsar o recoñecemento institucional do persoal que se trasladou a Cataluña e agradeceu o seu labor para salvagardar a seguridade das coruñesas e dos coruñeses".

A representación do sindicato de Policía Nacional tamén lle pediu á rexedora que se potencie un convenio de formación cos Bombeiros da Coruña e pintar a vía pública que dá acceso á Comisaría do distrito Sur na rúa Médico Devesa Núñez.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión