Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2022

As persoas que o desexen deberán comunicalo previamente á área de Seguridade Cidadá

O Concello abre o prazo para solicitar a realización de fogueiras, sardiñadas, churrascadas e outras actividades vencelladas co San Xoán

Estarán permitidas estas actividades entre o 17 de xuño e o 3 de xullo, mentres que as fogueiras en espazos públicos, só o 23 de xuño pola noite

O Concello da Coruña continúa coa preparación das celebracións da noite de San Xoán na cidade. Tal e como anunciou a alcaldesa Inés Rey, este ano a festa, declarada de Interese Turístico Internacional, recuperará a normalidade despois da melloría da situación sanitaria.

Xa está públicada na páxina web municipal a Tramitación para sardiñadas, churrascadas e similares e outras actividades propias da festa de San Xoán para poder realizar fogueiras, sardiñadas, churrascadas e outras actividades relacionadas con esta festividade no espazo público. Como é habitual, as persoas interesadas deberán facer unha comunicación previa por escrito á área de Seguridade Cidadá.

A solicitude para realizar estas actividades poderá presentarse a través do correo electrónico seguridadciudadana@coruna.gal e a través da sede dixital do Concello. Tamén levarase a cabo de maneira presencial nos rexistros municipais de María Pita, Franxa, Ágora e Fórum Metropolitano. Será necesario solicitar cita previa a través do 010 ou na páxina web municipal. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa autorización un esbozo da situación da actividade.

As actividades, agás as fogueiras, poderán realizarse entre as 13.00 e as 16.00 horas e entre as 20.00 e as 0.00 horas, do 17 de xuño ao 3 de xullo. As fogueiras no espazo público só estarán permitidas a noite do 23 de xuño. O permiso deberase solicitar con, polo menos, 48 horas de antelación. Para calquera consulta, a cidadanía pode dirixirse ao 010 ou escribir a seguridadciudadana@coruna.gal.

Normas especiais

Como norma xeral non se permitirá a realización de churrascadas, sardiñadas e fogueiras en zonas forestais ou baixo arboredos de parques e xardíns. As grellas e barbacoas deben manter unha distancia mínima de 10 metros de distancia ao tronco das árbores. As fogueiras deben situarse a un mínimo de 20 metros do arboredo. Nas zonas de exclusión non se poderá prender lume de ningún tipo, mentres que nas zonas de especiais coidados, o concello pode establecer limitacións. Son zonas de exclusión, onde non está permitido facer lume, a totalidade do trazado do oleoducto, o Parque de Bens e o Monte de San Pedro, os Xardíns de Méndez Núñez, os Xardíns de San Carlos, a Praza das Bárbaras e a contorna da Torre de Hércules, sen prexuízo de que os servizos de Seguridade poidan designar algunha outra zona baseándose en criterios de protección das persoas e os bens públicos.

Documentos:

Autorización (56 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión