Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Seguridad ciudadana

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

27 de enero de 2019

O Concello activa a segunda fase do programa para a instalación de detectores de fume conectados á centraliña dos Bombeiros da Coruña en fogares de maiores e dependentes

Cando remate, a cidade contará con máis de 150 vivendas con persoas en situación de vulnerabilidade nas que o servizo de Bombeiros poderá actuar de forma inmediata no caso de que se detecte un incidente

A concelleira de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, anuncia que os Bombeiros da Coruña iniciarán de xeito inmediato a segunda fase de colocación en fogares de persoas maiores ou con necesidades especiais aparellos de detección de fumes que están conectados coa centraliña deste servizo. Desta forma, poderán actuar de maneira inmediata no caso de que a súa intervención sexa necesaria. Segundo destacou a responsable municipal, nesta segunda fase, Bombeiros da Coruña encargarase da instalación de 50 detectores, logo de que ao longo do no pasado se colocasen algo máis dun centenar.

O proxecto desenvólvese a través da área de Seguridade Cidadá en colaboración coa Concellería de Xustiza Social, Igualdade e Diversidade e as entidades sociosanitarias, que axudan á selección dos fogares que se ven beneficiados e que deben estar conformados por persoas maiores, con diversidades, con problemas de mobilidade ou dependencia ou que se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade social. "No momento no que o aparello detecta a presenza de fume se recibe un aviso na centraliña de Bombeiros, que se pon en comunicación, de inmediato, coa persoa de referencia. Se esta non contesta ou avisa dunha situación de perigo, actúase inmediatamente", explica Fraga, quen comenta que, afortunadamente, "na maioría dos casos estamos a falar de avisos á centraliña do detector de fume que se corresponden con descoidos, como deixar unha tixola ao lume". "Ao chamar e avisar á persoa de contacto, remata o incidente", di. De feito, ao longo do ano pasado, tan só se chegaron a producir 7 intervencións a raíz das alarmas emitidas dende os detectores de fume.

"Agora comezaremos coa segunda fase deste programa que é moi beneficioso, sobre todo para aquelas persoas maiores ou con algunha dependencia que viven soas", explicou a concelleira, que manifestou que, "se ben tanto dende servizos sociais, como dende Igualdade e as propias entidades sociosanitarias da cidade fanse propostas das persoas que poden necesitar deste servizo, as veciñas que pensen que poderían ser usuarias deste programa poden poñerse en contacto co propio servizo de Bombeiros da Coruña".

Este programa, que se financia grazas ao orzamento destinado a actuacións na área de Seguridade Cidadá e que conta coa colaboración da firma irlandesa E Electronics, é un recurso máis de cara "a axudar a persoas maiores ou dependentes que viven soas, unha situación cada vez máis habitual".

Axudas a maiores

Ademais deste servizo, o Concello da Coruña ten en marcha moitos máis programas e actuacións destinados a garantir o coidado das persoas maiores. É o caso, principalmente, do Servizo de Atención a Domicilio (SAD) que, na actualidade, é desenvolvido na cidade a través de distintos contratos con catro empresas mediante as que se atende a máis de 1.500 persoas na cidade. Ademais, esta cifra incrementarase en máis de 260 persoas máis, unha vez se resolva a licitación dun novo paquete, neste caso de 2.550 horas anuais de asistencia. Ademais deste programa, a Concellería de Xustiza Social ten en marcha outros de apoio ás persoas coidadoras e tanto ela como Igualdade traballan con entidades do ámbito sociosanitario que atenden, en moitas ocasións, veciñas de máis idade. En total, ao longo do mandato, as políticas de axuda a maiores incrementaron o seu orzamento en máis dun 10%.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?