Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2020

O concello habilita 12 km de senda peonil para facilitar a mobilidade decretada pola desescalada do Estado de Alarma

A alcaldesa, que estivo esta mañá co xefe de Seguridade Cidadá para analizar esta xornada, destaca “a gran cantidade de dúbidas que provocaron as fases da desescalada entre os veciños e veciñas da cidade, que se dirixiron ao concello para aclararlas” e que “ás administracións locais nos sería de gran axuda que se aclarasen por parte do Goberno central estas dúbidas tan frecuentes entre a poboación”

O concello habilita 12 km de senda peonil para facilitar a mobilidade decretada polo Goberno central nesta desescalada do Estado de Alarma. A alcaldesa, Inés Rey, estivo esta mañá co xefe de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán, analizando o trascurso desta primeira xornada na que se permitiu saír á poboación adulta a pasear e realizar actividade deportiva dentro das franxas horarias permitidas. A rexedora tamén dialogou, mantendo as medidas hixiénicas e de protección, cos veciños e veciñas que saíron esta mañá a pasear de xeito individual, cos seus fillos ou para realizar deporte.

A alcaldesa destaca "a gran cantidade de dúbidas que provocaron as fases da desescalada entre os veciños e veciñas da cidade, que se dirixiron ao concello para aclararlas". Neste senso, desde o concello se tratou de explicar a normativa vixente, "aínda que ás administracións locais nos sería de gran axuda que se aclarasen por parte do Goberno central estas dúbidas tan frecuentes entre a poboación".

Rey asegura que "nestes 50 días de confinamento o comportamento dos veciños e veciñas da Coruña foi exemplar e agardo que así o será nestas fases de desescalada" xa que "agora máis que nunca é moi importante que todos e todas sexamos responsables". A alcaldesa lémbralle á cidadanía que "o concello habilitou para a mellora da mobilidade nesta escalada 12 km de senda peonil e que é de vital importancia respectar as franxas horarias e os dous metros de distancia entre as persoas posto que as normas están para protexernos a todos e todas".

O concello irá establecemento novas medidas para promover a mobilidade segura na cidade de cara ás vindeiras xornadas e para que se cumpran os decretos do Estado de Alarma.

Desde este luns, e de maneira provisional, suprimiranse carrís de circulación en Manuel Murguía e a avenida da Habana, na contorna de Riazor e nos Cantóns, e ampliará a zona peonil desde A Mariña ata a praza de Mina. Tamén se está a estudar a idea de habilitar un corredor peonil entre a zona de Catro Camiños e o barrio de Matogrande. Esta é unha actuación que se podería implantar de maneira definitiva se se comproba que o modelo funciona.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión