Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

20 de febreiro de 2020

O concello reestruturará e ampliará as colonias felinas da cidade

Canto aos envelenamentos de mascostas que foron denunciados nestes últimos días na cidade, Esther Fontán solicitou á Patrulla Verde da Policía Local que “extreme a súa presenza nestes emprazamentos co obxectivo de poñer coto a estas perversas prácticas”

A Concellería de Medio Ambiente anuncia que reestruturará as colonias felinas existentes na cidade. Segundo a titular desta concellería, Esther Fontán, procedeuse a "unha reorganización das colonias felinas que xa existían co fin de conseguir a medio prazo unha mellora na calidade de vida da poboación felina salvaxe garantindo así mesmo unha óptima convivencia destes animais cos veciños".

Desde a mesma concellería tamén aseguran que se están a ultimar os acordos coas asociacións para a implantación de novas colonias felinas en Palavea, Antonio Ríos, A Silva e avenida de Oza.

Ademais, impulsaranse novas medidas na búsqueda dunha forma de colaboración máis equitativa entre o concello e as asociacións co fin de evitar a demora no método CES (Captura, Esterilización e Solta) empregado. Con estas novas medidas contribuirase a medio prazo a reducir o número de gatos rueiros non controlados na cidade.

Actualmente, as colonias que se atopan en funcionamento son as da Falperra, Parque de Santa Margarida, Náutica, Praia de Oza, Barrio das Flores, Oceanográfico, Os Rosais, Pavo Real, Menhires e a Torre. A esta última colonia, a da Torre, estáselle a buscar unha localización alternativa debido á especial protección da contorna do noso faro.

Mascotas envelenadas nos parques da cidade

Seguindo a política de protección que o Goberno local leva a cabo cos animais da cidade e ante a denuncia por parte de varios donos e donas de cans envelenados en parques e xardíns da cidade nos últimos días, a Concellería de Medio Ambiente solicita a intervención da Policía Municipal.

As denuncias das persoas propietarias destes cans aseguran que as súas mascotas foron envelenadas e que atoparon comida canina con elementos punzantes no seu interior en varios parques da cidade. Fontán solicitou á Patrulla Verde da Policía Local que "extreme a súa presenza nestes emprazamentos co obxectivo de poñer coto a estas perversas prácticas".

Desde a Concellería aproveitan para lembrar á veciñanza que, como é preceptivo, manter aos cans con correa durante os seus paseos diarios é un bo medio para controlar o que inxeren.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión