Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

10 de marzo de 2020

O concello reforza o seu compromiso pola seguridade ao incorporar a promoción máis ampla de policías locais desde 1992

A alcaldesa, Inés Rey, destacou que no grupo de axentes que tomaron posesión esta mañá no salón de plenos, hai catro mulleres: “Agardo que o número se incremente en futuras convocatorias”

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Réxime Interior, José Manuel Lage, recibiron esta mañá as e os 30 novos policías locais, que se incorporan ao corpo, a promoción de axentes máis ampla desde 1992, o que segundo a rexedora reforza o compromiso do Goberno local polo emprego público e polos servizos públicos que garanten a seguridade da cidade. Rey sinalou que desas 30 persoas, sete incorporaranse inmediatamente ao cadro do persoal e 23 irán á Academia Galega de Seguridade para remataren a súa formación e seren parte da policía ao final do verán. Os oito profesionais restantes xa tomaron posesión do cargo en xaneiro.

A alcaldesa destacou que no grupo hai catro mulleres e "agardo que o número destas profesionais se incremente en futuras convocatorias". Ademais, reiterou a aposta decidida do concello pola incorporación plena da muller en todas as forzas e corpos de seguridade do Estado, "non é algo novidoso xa que están inscritos nunha estratexia de emprego público que se está plasmando nas novas convocatorias". Falou de que a presenza feminina é tímida, pero que é un feito e "estamos cumprindo coa normativa vixente", no referente a elas e tamén á reposición de profesionais. A promoción supón un incremento do 13,8% do total dun cadro de persoal que terminará o ano con 318 persoas, algo moi significativo, se se ten en conta a merma dos últimos exercicios, que se irá resolvendo ao longo destes anos na medida en que o marco estatal o permita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión