Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

25 de novembro de 2020

O Concello reforza o seu compromiso pola seguridade ao incorporar dez policías locais

A alcaldesa, Inés Rey, agarda que as e os novos policías locais sexan “unhaextensión do propio Concello”, para que deste xeito “poidan defender as ordenanzas municipais, velar pola seguridade de todas as veciñas e veciños e garantir o servizo público”

O Concello da Coruña reforza o seu compromiso pola seguridade ao incorporar desde hoxe dez axentes de Policía Local no seu cadro de persoal.

Inés Rey agarda que as e os novos policías locais sexan "una extensión do propio Concello", para que deste xeito "poidan defender as ordenanzas municipais, velar pola seguridade de todas as veciñas e veciños e garantir o servizo público".

As e os novos funcionarios de carreira foron recibidos esta mañá no pazo municipal de María Pita pola alcaldesa da cidade, Inés Rey, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, o concelleiro de Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, e o responsable da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

Ademais, ao remate deste mes incorpóranse ao cadro de persoal da Policía Local 23 profesionais chegadas/os da academia de policía. Son 33 as e os novos axentes que o Concello da Coruña suma para reforzar a seguridade na cidade no que vai de 2020.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión