Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de febreiro de 2020

O concello sinalizará en cor vermella as prazas da zona ORA cun estacionamento máximo dunha hora

Estes estacionamentos desta duración máxima que afectan ás contornas dos mercados de Eusebio da Guarda, Santo Agostiño e Santa Lucía xa dispoñían dunha sinalización vertical informativa

O Servizo Municipal de Mobilidade informa de que esta semana se procederán a pintar de cor vermella as prazas da zona ORA que teñen permitido estacionar un máximo dunha hora. Ata o momento, estas prazas dispoñían dunha sinalización que informaba do estacionamento máximo de 60 minutos, pero a cor que delimitaba a praza no chan era de cor azul.

Esta iniciativa ten como obxectivo principal que as persoas usuarias da zona ORA poidan diferenciar nun golpe de vista as prazas cun estacionamento máximo de dúas horas, as de cor azul, das prazas cun estacionamento máximo dunha hora, as de cor vermella. Pola súa banda, as prazas cunha duración máxima de 20 minutos xa están delimitadas coa cor laranxa no chan.

As zonas afectadas pola cor vermella, e que ata o de agora xa dispoñían dunha sinalización vertical que informaba ao respecto deste estacionamento máximo, son as contornas do Mercado de Eusebio da Guarda (praza de Lugo), Mercado de Santo Agostiño e Mercado de Santa Lucía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión